Ana Cabaleiro López, nada en Saídres (Silleda) en 1974, é unha xornalista e escritora galega.

Traxectoria Licenciada en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela, cursou o máster de Estudos Teóricos e Comparados da Literatura e da Cultura. Iniciouse como xornalista en Radio Estrada. Colabora en Sermos Galiza e no Boletín Galego de Literatura."Nacemento e declive da utopía tecnolóxica: o ciberactivismo artístico a finais do século XX", artigo de Ana Cabaleiro no Boletín Galego de Literatura vol. 46 (2011). ISSN 2174-4025. É membro do grupo de escritura Versos soltos. Traballou no campo da discapacidade intelectual e no da cooperación ao desenvolvemento. Tamén traballou no gabinete de comunicación da Deputación de Pontevedra.

En febreiro de 2017 publicou o seu primeiro libro de relatos, Sapos e sereas, co que quixo chamar a atención sobre o absurdo dos estereotipos de xénero a través de relatos postos en feminino e dirixidos a unha hipotética lectora, nos que pon en cuestión o modo en que se contou a historia da muller.

En 2018 tamén colaborou na revista Ligeia. Publicou o relato Todas esas mentiras no nº 223 (2019) da revista Grial.

Obras Sapos e sereas (2017), Ed. Galaxia, ISBN 978-84-9151-035-2.Sapos e Sereas, ficha na web de Editorial Galaxia. miniatura|Con Suso de Toro presentando Dentro da literatura na Libraría Paz de Pontevedra o 06/04/2019As ramonas (2018), Ed. Galaxia, ISBN 978-84-9151-204-2. Deixádenos remar (2021). Vigo: Xerais. 152 páxs. ISBN 978-84-9121-933-0. ePub: ISBN 978-84-9121-970-5. Finalista do Premio Xerais 2020. Xa vemos palmeiras (2023). Vigo: Xerais. 144 páxs. ISBN 978-84-1110-387-9. ePub: ISBN 978-84-1110-401-2.

Premios

2018: Premio García Barros coa novela As ramonas. 2022: I Premio Exeria do Concello de Santiago por Shukran.

miniatura|A autora (á dereita na foto) con Miriam Ferradáns e Ismael Ramos.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Entrevista de Montse Dopico en Praza Pública

Categoría:Xornalistas de Silleda Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados en Silleda Categoría:Nados en 1974 Categoría:Gañadores do Premio García Barros