Dimocarpus longan, chamado vulgarmente longánO nome Longán, aínda que coincide co nome específico científico e coa maioría das linguas irmás ao galego, non está aínda recoñecido pola RAG, polo que o poñemos en cursiva. (chinés tradicional: 龍眼, chinés simplificado: 龙眼, cantonés long-ngan; literalmente "ollo de dragón"; thai ลำไย) é unha árbore tropical perenne, nativa do sur da China. Atópase tamén en Indonesia e o sueste de Asia. Tamén é chamada guiyuan (桂圆) en chinés, lengkeng en Indonesia, mata kucing en Malaisia, e quả nhãn no Vietnam. O termo "ollo de dragón" vén pola semellanza da súa froita ao globo ocular (cando se pela o froito ten un miolo transparente, e a semente semella a meniña e mailo iris).
Descrición É unha árbore de tamaño mediano de folla perenne que pode medrar até os 6 a 7 metros de altura. Non deixa de ser sensíbel ás xeadas . Prefiren un solo areento. Aínda que a especie prefire as temperaturas que normalmente non estean por baixo de 4,5 °C (40 °F), pode soportar breve tempo temperatura baixas de ao redor de -2 °C (28 °F).
Usos A froita (que realmente é un falso froito, composto por unha cobertura carnosa chamada arilo) é comestíbel, e a miúdo usada en sopas, almorzos e outras aplicacións no leste de Asia.
O longán e o lichi madurecen na mesma época do ano. Úsase na cociña e como menciña chinesa. miniatura|240x240px|Longáns miniatura|320x320px|Vista da planta nova
Propiedades No Medicina tradicional chinesa é usada para o corazón e bazo. Insomnio, palpitacións, perda de memoria e mareos. Non se debe usar se hai exceso de flegma ou humidade.
Taxonomía Dimocarpus longan foi descrita por João de Loureiro e publicado en Flora Cochinchinensis 1: 233–234, no ano 1790. en Trópicos Sinonimia Dimocarpus pupilla Moon Dimocarpus undulatus Wight Euphoria cinerea (Turcz.) Radlk. Euphoria glabra Blume Euphoria gracilis Radlk. Euphoria leichhardtii Benth. Euphoria leichhardtii var. hebepetala Benth. Euphoria longan (Lour.) Steud. Euphoria longana Lam. Euphoria malaiensis (Griff.) Radlk. Euphoria microcarpa Radlk. Euphoria nephelioides Radlk. Euphoria undulata Wall. Euphoria verruculosa Salisb. Nephelium glabrum (Blume) Cambess. Nephelium longan (Lour.) Hook. Nephelium longana Cambess.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lichi Rambután Lista de froitas Historia da Botánica Características das sapindáceas
Bibliografía Flora of Chinesa Editorial Committee. 2007. Fl. China 12: 1–534. Science Press & Missouri Botanical Garden Press, Beijing & St. Louis.
Ligazóns externas World Conservation Monitoring Centre (1998). Froitas de climas tépedos: longan Coñeza e goce de froitas tropicais: Lychee, Rambutan & Longan Dimocarpus longan (Sapindaceae)
Categoría:Dimocarpus Categoría:Froiteiras Categoría:Flora de Asia Categoría:Gastronomía da China Categoría:Gastronomía de Laos Categoría:Plantas descritas en 1790 Categoría:Plantas medicinais