Antonio Garrido Correas, nado en Peraleda de la Mata (provincia de Cáceres), en 1964, é un poeta e tradutor estremeño.

Tamén traballa na creación pictórica con elementos da terra (pintura telúrica).

Obra Antonio Garrido fixo a tradución do libro O principiño de Antoine de Saint-Exupéry ó estremeño en 1999, baixo o título El Prencipinu. Foi coordinador da tradución e edición da mesma obra na Fala de Xálima: "U/O pequenu príncipi".

Un dos seus poemas, Tengu un osinu de peluchi, figura en Iberia Polyglotta de Hans-Ingo Radatz e A. Torrent-Lenzen, como mostra textual do estremeño. Antonio ten participado en varios congresos facendo os seus relatorios sempre en estremeño.

Véxase tamén Bibliografía A. de Saint-Exupéry, El Prencipinu, trad. Antonio Garrido Correas, Mérida, Carisma Libros, 1999. H. Radatz, A. Torrent-Lenzen, Iberia polyglotta, Lenzen, 2006.

Categoría:Nados en 1964 Categoría:Nados en Peraleda de la Mata Categoría:Escritores de Estremadura Categoría:Escritores en lingua estremeña