Tu Youyou (, nada en Ningbo, República da China o 30 de decembro de 1930, é unha científica, médica e química farmacéutica chinesa, coñecida por descubrir a artemisinina e a dihidroartemisinina, empregadas para tratar a malaria e coas cales se salvaron millóns de vidas. O punto de partida da súa investigación estivo baseado na exploración de textos sobre medicina chinesa tradicional, atopando que o afirmado sobre a cura da malaria en case todos eles non era correcto, excepto nun só deles.

O descubrimento da artemisinina e o seu tratamento da malaria está considerado como o descubrimento máis significativo da medicina tropical no século XX para a mellora da saúde das persoas dos países en desenvolvemento tropicais en Asia do sur, África, e América do Sur. Polo seu traballo, Tu recibiu en 2011 o Premio Albert Lasker de Investigación Médica Clínica, e en 2015 o Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina. Tu recibiu a metade do premio Nobel por descubrir a eficacia da molécula antimalárica da planta Artemisia annua; a outra metade foi compartida por Satoshi Ōmura e William Campbell por descubrir un novo composto, a avermectina, capaz de curar infeccións como a oncocercose e a filariase linfática causadas por pequenos parasitos. Tu recibiu o primeiro Nobel de medicina para un cidadán chinés, ademais de ser a primeira muller desa nacionalidade en recibir un premio Nobel en calquera categoría.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

De Marchi, Vichi (2020). Ellas son de ciencias : Historias, pasiones y sueños de 15 científicas. Madrid: Ediciones del Laberinto. ISBN 978-84-1330-038-2

Ligazóns externas Tu Youyou: cuando la tradición se une al método científico/ no blog Mujeres con Ciencia Citas de Tu Youyou con imágenes

Categoría:Químicos da China Categoría:Nados en Zhejiang Categoría:Nados en 1930 Categoría:Premio Nobel de Medicina