miniatura|370x370px|Distintas maneiras de fumar tabaco. Fumar é unha práctica onde unha substancia (comunmente tabaco, pero que tamén pode ser opio ou marihuana, entre outras) é queimada e a seguir próbase ou inhala o seu fume, principalmente debido a que a través da combustión se desprenden as substancias activas (como a nicotina), que son absorbidas polo corpo a través dos pulmóns.
O acto de fumar pode formar parte de distintos rituais, inducir a algún transo ou a alcanzar unha "iluminación espiritual", dependendo do tipo de droga.
Métodos para fumar O método de fumar máis común na actualidade é a través de cigarros, principalmente aqueles manufacturados industrialmente, aínda que tamén están dispoñibles en formato para ser enrolados a man (tabaco de lear). Outras maneiras de fumar, aínda que non son tan comúns é a través de pipas, puros, narguiles ou bongs.
Historia miniatura|286x286px|Muller fumando A acción de fumar pode remontarse até o século II a. C., aproximadamente, e está rexistrada en diferentes culturas ao redor do mundo. Fumar tabaco, nun principio era exclusivo do continente americano. Despois da conquista de América por parte dos europeos, a práctica de fumar tabaco (é considerada droga legal aínda que sexa nociva para a saúde pública) propagouse rapidamente polo resto do mundo. En rexións como a India e a África subsahariana mesturouse coas prácticas existentes (principalmente fumar marihuana). En Europa marcou o inicio dunha nova actividade social descoñecida até aquel entón.
Na cultura popular miniatura|220x220px|Un cigarro nun cinseiro.|esquerda A percepción cultural que rodea o acto de fumar variou conforme o paso do tempo e entre un lugar e outro: sagrado ou pecaminoso, sofisticado ou vulgar. Só nos nosos días, e principalmente nos países industrializados, fumar comezou a verse como negativo. Estudos médicos probaron que fumar é causa de enfermidades tales como cancro de pulmón, paro cardíaco e enfermidade pulmonar obstructiva crónica., así como defectos de nacemento. Debido aos comprobados danos á saúde, moitos países estableceron altos impostos aos produtos relacionados co tabaco conxuntamente con campañas para deixar de fumar nun intento de frear este hábito. Moitos países, estados ou cidades impuxeron do mesmo xeito prohibicións en edificios públicos onde non está permitido fumar. A pesar dos esforzos, os países europeos seguen tendo os índices máis altos de fumadores ocupando a posición 18, conforme a unha lista publicada por ERC, unha empresa dedicada ao estudo do mercado. Nesta mesma lista Grecia aparece á cabeza, promediando 3000 cigarros por persoa ao ano en 2007.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía en inglés Ashes to Ashes: The History of Smoking and Health (1998) editado por S. Lock, L.A. Reynolds e E.M. Tansey 2nd ed. Rodopi. ISBN 90-420-0396-0 Coe, Sophie D. (1994) America's first cuisines ISBN 0-292-71159-X Gately, Iain (2003) Tobacco: A Cultural History of How an Exotic Plant Seduced Civilization ISBN 0-8021-3960-4 Goldberg, Ray (2005) Drugs Across the Spectrum. 5th ed. Thomson Brooks/Cole. ISBN 0-495-01345-5 Greaves, Lorraine (2002) High Culture: Reflections on Addiction and Modernity. State University of New York Press. ISBN 0-7914-5553-X James I of England, A Counterblaste to Tobacco Lloyd, J & Mitchinson, J: "The Book of General Ignorance". Faber & Faber, 2006 Marihuana and Medicine (1999), editor: Gabriel Nahas ISBN 0-89603-593-X
Robicsek, Francis (1978) The Smoking Gods: Tobacco in Maya Art, History, and Religion ISBN 0-8061-1511-4
Wilbert, Johannes (1993) Tobacco and Shamanism in South America ISBN 0-300-05790-3 Burns, Eric. The Smoke of the Gods: A Social History of Tobacco. Philadelphia: Temple University Press, 2007. Kulikoff, Allan. Tobacco & Slaves: The Development of Southern Cultures in the Chesapeake. North Carolina: University of North Carolina Press, 1986.
Outros artigos Tabaco Tabaquismo Cannabis sativa Haxix Opio Drogas Narcóticos Envellecemento humano Fame
Ligazóns externas ComoDejarDeFumar.org (vantaxes de deixar de fumar; táboa evolutiva de melloras na súa saúde), . DejaElTabaco.com (vantaxes de deixar de fumar), . forumclinic.org (información sobre tabaco e EPOC en español e catalán: vídeos, noticias e foros), . ltunas.jovenclub.cu («Enfermidades provocadas polo consumo de tabaco», animación nun sitio cubano), . Nlm.nih.gov (noticia da Biblioteca Nacional de EE. UU.: «Deixar de fumar rexuvenece as arterias»), . "Ese Circulo Vicioso" Organización Non Lucrativa Anti-Tabaquismo, . "Ficción Real" Curtametraxe de suspense, dirixida por Xavier Cruzado sobre a persecución dos fumadores, . O tabaco na arte como fío condutor recompilación en cronoloxía histórica de obras de arte en torno ao tabaco, . BBC Headroom - Smoking advice, . Cigarette Smoking and Cancer – National Cancer Institute, . Smoking & Tobacco Use – Centers for Disease Control, . Treating Tobacco Use and Dependence – U.S. Department of Health and Human Services, . How to stop smoking – National Health Service UK, . NY Times: Responses to the targeting of teenage smokers, . Study ties more deaths, types of disease, to smoking (Feb 2015), Marilynn Marchione, Associated Press, .
Categoría:Fumar Categoría:Drogas