O Senefand Uno, antes chamado Senefand 1 e Rio Agueda, foi un barco arrastreiro galego que afundiu fronte ás costas do Senegal o 8 de febreiro de 2017. O buque O Senefand Uno, de 24 m de eslora e 7 m de manga, era un buque de pesca arrastreiro construído en 1993 nos Estaleiros São Jacinto en Aveiro (Portugal). Propiedade de Senefand Senegal do Grupo Profand (acrónimo da fusión de Congelados Marinos Promar e Frigoríficos Fandiño), con sede en Vigo, tiña bandeira do Senegal.
O accidente Cara ás 21:00 horas do 8 de febreiro de 2017 debido a un exceso de carga na rede, segundo relato dun dos sobreviventes, o barco escorou e pouco tempo despois afundiu. A tripulación estaba composta por once persoas: dous galegos, sete senegaleses, un caboverdiano e un guineano de Guinea-Bissau. Deles oito lograron salvarse tras pasar tres días á deriva e tres quedaron desaparecidos. Entre os sobreviventes estaba o galego Fernando Argibay de Moaña, xefe de máquinas, e no grupo de desaparecidos o patrón do buque, o galego Vicente Pazos de Marín, xunto a dous senegaleses.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Naufraxios de pesqueiros galegos
Categoría:Accidentes marítimos Categoría:Arrastreiros Categoría:Barcos de 1993