Os Eustigmatophyceae son un pequeno grupo de algas unicelulares cocoides de paredes celulares de polisacáridos. Atópanse en ecosistemas fluviais, mariños e nos solos.Hoek, C. van den, Mann, D. G. and Jahns, H. M. (1995). Algae : An introduction to phycology, Cambridge University Press, UK. Os eustigmatofitos teñen cloroplastos amarelo-verdosos grazas a que teñen clorofilas a e violoxantina e o β-caroteno de pigmentos accesorios.
Os zooides dos eustigmatofitos (os gametos) posúen un ou un par de flaxelos, que sae do ápice celular. Á contra doutros heterocontos, os seus zooides carecen de orgánulos fotoreceptores, "ollos". O que posúen son puntos oculares vermello-alaranxados na posición exterior ao cloroplasto, e que eles teñen na parte anterior da célula.
Os eustigmatofitos compórtanse como autotrofos fotosintetizadores en múltiples ecosistemas. Namentres a meirande parte deles viven en augas doces e solos, algunhas especies de Nannochloropsis e Microchloropsis son parte do picoplancto mariño.
Esta clase definiuse incluíndo a algunhas algas que antes se clasificaban como xanthophyceae.Hoek, C. van den et al., p. 131. Porén, os estudos xenómicos dos eustigmatofitos da última década, que foron intensos grazas a ser un grupo reducido de especies (23 especies), desvelaron que os clados dos que está máis cerca evolutivamente son as crisofíceas e sincromofícea..
Clasificacións Clase Eustigmatophyceae Hibberd & Leedale 1970 Orde Eustigmatales Hibberd 1981 Familia Loboceae Hegewald 2007Hegewald E., Padisák J., Friedl T. 2007. Pseudotetraëdriella kamillae: taxonomy and ecology of a new member of the algal class Eustigmatophyceae (Stramenopiles). Hydrobiologia 586 (1): 107—116. Xénero Pseudotetraëdriella Hegewald & Padisák 2007 Familia Chlorobothryaceae Pascher 1925 Xénero Chlorobotrys Bohlin 1901 Familia Monodopsidaceae Hibberd 1981 Xénero Microchloropsis Fawley, Jameson & Fawley 2015 Xénero Monodopsis Hibberd 1981 Xénero Nannochloropsis Hibberd 1981 Familia Pseudocharaciopsidaceae Lee & Bold ex Hibberd 1981 Xénero Botryochloropsis Preisig & Wilhelm 1989 Xénero Pseudocharaciopsis Lee & Bold 1973 Xénero Ellipsoidion Pascher 1937 Familia Eustigmataceae Hibberd 1981 Xénero Pseudellipsoidion Neustupa & Nemková 2001 Xénero Pseudostaurastrum Chodat 1921 Xénero Eustigmatos Hibberd 1981 Xénero Vischeria Pascher 1938
Notas
Véxase tamén
Categoría:Ochrophyta