Vilanoviña é un lugar da parroquia de Paradela no concello pontevedrés de Meis, na comarca do Salnés. Segundo datos do IGE, tiña 115 habitantes no ano 2025, dos que 56 eran mulleres e 59 homes, o que representa un descenso respecto ós anos 2016, cando tiña 121 veciños, e 2010, cando eran 116.
Neste lugar está o Pazo da Moroza, que contaba cunha capela, de San Gregorio, que quedou destruído tras un incendio a mediados do século XX. Os propietarios reconstruíron o pazo e hoxe está dedicado a servizos de hostalería e restauración.
En 2005 rematouse a construción dunha réplica da capela. e ó seu redor celébrase desde os anos 90 a Festa do Bolo de San Gregorio, para o que se empregan miles de ovos.
Lugares e parroquias Lugares de Paradela
Parroquias de Meis
Notas
Categoría:Lugares de Meis