Cástor Demófilo Pedreira Rumbo, coñecido como Nené, nado en Cortegada (Sarreaus) cara a 1922 e finado en México en 2012, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria Fillo de Manuel Pedreira Pazos. Cursaba estudos de Medicina en 1942. Vinculado ao PCE, organizou unha célula comunista clandestina nun sanatorio da Coruña que pertencía a un familiar. Facilitou a operación de apendicite do guerrilleiro Evaristo Candelas Pérez. Por medo a ser descuberto, fuxiu ao monte en agosto de 1942, integrándose no grupo Neira. Foi responsable de formación política, e despois xefe dos oficiais de enlace da zona da Coruña e Ferrol. Foi procesado con outras 29 persoas polo Tribunal Militar de Lugo na causa 531/42 por asasinato de Jose Fortune e Jose Mosquera.Ficha en Combatientes A finais de 1942 puido embarcarse cara a Buenos Aires, exiliándose na Arxentina.
Cursou estudos de enxeñería e especializouse en pesca e conserva. Casou con Irene Carratalá Crespo. Co proceso de Reorganización Nacional o seu fillo Rafael Antonio Pedreira Carratalá foi detido en La Plata o 19 de xaneiro de 1977, sendo un dos desaparecidos pola ditadura arxentina.La Voz de Galicia, 27-7-1983, p. 29. Demófilo regresou a Galicia en 1978 intentando encontrar traballo nas empresas pesqueiras das Rías Baixas. Fracasou, pero ofrecéronlle a xerencia da filial de Dalcahue en Chiloé (Chile), onde se instalou.Demófilo Pedreira Rumbo Finou en México en 2012.Los hilos de la memoria: Entre la vida y la muerte
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas ¡Nunca más!
Categoría:Guerrilleiros antifranquistas de Galicia Categoría:Exilio galego Categoría:Galegos da Arxentina Categoría:Galegos de Chile Categoría:Nados en Sarreaus Categoría:Nados en 1922 Categoría:Finados en 2012
Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes