miniatura|Portada do nº 1 La Flaca: revista liberal e anticarlista, ou simplemente La Flaca, foi unha revista española de tipo satírico, de tendencia política republicana e federal,Almuiña (2015); p. 34 publicada en Barcelona durante o Sexenio Democrático, momento no que a recentemente estreada liberdade de prensa permitiu este tipo de publicacións.
De periodicidade semanal e, normalmente, de catro páxinas editouse en Barcelona, en lingua castelá, entre o 27 de marzo de 1869 e o 3 de marzo de 1876 e a súa difusión chegou a ser internacional ao se vender en Francia, Italia e América. Atribúeselle ser a introdutora da litografía a cor, de xeito habitual, na prensa española que empregaba nas caricaturas satíricas sobre a situación política do momento o que provocou que, dado o seu ideario liberal e anticarlista, sufrira varias suspensións e para evitalas seguiu sendo editadas baixo diferentes cabeceiras como La Carcajada, La Risotada, La Risa, El Lío, La Madeja, La Madeja Política.
Foi considerada como a máis crítica e incisiva das revistas da súa época e entre os seus colaboradores destaca o seu principal caricaturista Tomás Padró i Pedret.
Análise A denominación de La Flaca e da imaxe caricaturesca que se representa na primeira páxina, unha matrona escuálida con escudo e coroa de loureiro, acompañada dun león tamén escuálido, ironiza sobre a iconografía imposta durante o século XIX do emparellamento da matrona e o león, símbolos da alianza da monarquía e o pobo, querendo dar a entender que esta alianza quedou reducida á mínima expresión, é dicir, aos ósos.
Tamén se ten indicado que, co título, pretendía replicar a outra publicación, tamén de tipo satírico, pero de ideoloxía falsamente liberal e carlista, La Gorda (1868-1870) publicada en Madrid, pois era así como se denominaba coloquialmente a Isabel II.
Nas catro páxinas incluía na primeira e na última ilustracións a cor de tipo caricaturesco sobre as circunstancias políticas do momento, aparecendo os principais dirixentes políticos como Prim, Serrano ou Topete; é dicir, a nova casta política empoleirada pola "Gloriosa", aos que criticaba polas escasas reformas que se levaban a cabo e que estaban a levar a España (representada como unha muller famélica "fraca") ao desastre.
Era furibundamente antimonárquica, anticlerical e antigubernativa, especialmente criticaba a Prim por traer, de novo, a monarquía a España.
Traxectoria Para evitar a censura, foi mudando de cabeceiras segundo a necesidade até distinguir 5 etapas: +Etapas e cabeceiras relacionadas con La FlacaEtapaNome da cabeceiraNúmerosPrincipia FinalizaObservacións1ªLa Flaca1-10027 de marzo de 18693 de setembro de 1871Co nº 100 suspéndese por primeira vez a publicación, polo que comezará a mudar de nome de cabeceira.2ªLa Carcajada1-3717 de xaneiro de 187231 de outubro de 1872O nº 17 e o 19 son censurados e retirados ao que respostan dende a revista con novas cabeceiras para os substituír: La Risotada (2 números: o 1 e o 6 de xuño de 1872) e La Risa (1 número, o 15
de xuño de 1872).3ªLa Flaca38-847 de novembro de 18724 de outubro de 1873Son 47 números que continúan coa numeración da anterior revista La Carcajada.4ªLa Madeja Política1-501 de novembro de 187319 de decembro de 1874Os números do 15 ao 21 son substituídos por El Lío (publicará 7 números, do 7 de febreiro até o18 de abril de 1874). Reanúdase a numeración de La Madeja Política no n º 22.5ªLa Madeja1-222 de xaneiro de 18752 de marzo de 1876
Galería
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Almuíña, Celso (2015). Laguna Platero, Antonio; Reig Cruañes, Pepe, eds. "La prensa satírica como instrumento de crítica política durante el siglo XIX". En: El humor en la historia de la comunicación en Europa y América. Col. Estudios. Nº 146 (Cuenca: Ediciones de la Universidad de Castilla-La Mancha). pp. 33–34. ISBN 978-84-9044-131-2]].
Outros artigos La Gorda
Ligazóns externas Ficha de La Flaca en ARCA (Arxiu de Revistes Catalanes Antigües).
Categoría:Sexenio Democrático Categoría:Revistas editadas en Barcelona Categoría:Revistas españolas do século XIX Categoría:Prensa anticlerical Categoría:Revistas humorísticas