Oleksandr Stoika (en ), nado en Karachyn (Austria-Hungría) o 16 de outubro de 1890 e finado en Uzhhorod (Reino de Hungría) o 31 de maio de 1943, foi un eclesiástico grecocatólico ruteno, entre 1932 e 1943 bispo de Mukacheve. Traxectoria Naceu en Karachyn o 16 de outubro de 1890. Estudou a secundaria en Uzhhorod, e a partir de 1910 no Seminario Teolóxico de Uzhhorod e no Seminario Central de Budapest, logo do cal foi ordenado sacerdote o 17 de decembro de 1916. Traballou como secretario do bispo até 1930, e logo da morte de Petro Gebei administrou a eparquía, até que en maio de 1932 foi nomeado bispo de Mukacheve.
Logo de ser elixido bispo, Stoika traballou para mellorar a situación económica dos seus fieis: lanzou o "evento de Pascua", que recadou fondos en todo o país para os pobres. Durante o seu episcopado abriu internados para os cativos en Uzhhorod, ordenou a 158 sacerdotes, e dirixiu 163 misións para promover a volta á Igrexa de moitos afastados. Cóntanse 67 igrexas entre as construídas e renovadas durante o seu mandato, e visitou persoalmente cada unha das parroquias da eparquía. Finou en Uzhhorod o 31 de maio de 1943.
Notas
Categoría:Nados en 1890 Categoría:Nados na rexión de Transcarpacia Categoría:Bispos católicos de Hungría Categoría:Bispos católicos de Ucraína Categoría:Bispos da Igrexa católica bizantina rutena Categoría:Finados en 1943