Xurx KahalaTransliteración segundo o traballo Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica de Víctor Fresco Barbeito.Tamén coñecido por outras romanizacións do seu nome: Georges Kahhalé, Jorge Kahhale. (en ), nado en Alepo o 1 de agosto de 1938, é un relixioso católico melquita sirio, entre 1995 e 2019 exarca apostólico de Venezuela. Traxectoria Xurx Kahala naceu en Alepo o 1 de agosto de 1938. Aos 10 anos de idade ingresou no seminario menor dos alepinos no Líbano, e posteriormente estudou cos xesuítas. Realizou estudos superiores de Filosofía e Teoloxía na Universidade Espírito Santo de Kaslik, Islamoloxía na Universidade San Xosé de Beirut, onde tamén doutorouse en Filosofía, e obtivo un diploma en Estudos pastorais pola Universidade de Montreal.
Foi ordenado sacerdote o 2 de febreiro de 1966 polo arcebispo Hilariun KabutxiNome orixinal , tamén romanizado como Hilarion Capucci. Foi director do seminario dos alepinos entre 1967 e 1970, e ao mesmo tempo profesor de Filosofía da Universidade Espírito Santo. En 1972 foi nomeado párroco en Caracas, cargo que mantivo até 1989.
En 1989 volveu ao Líbano, onde foi nomeado vigairo xeral da súa orde, e onde pasou a encargarse da formación dos novizos. O 12 de outubro de 1995 o papa Xoán Paulo II nomeouno exarca apostólico de Venezuela, visitador apostólico para os melquitas da Arxentina, e bispo titular de Abila Lysaniae. Recibiu a consagración episcopal o 21 de decembro de 1995 de mans do patriarca Máximo V.
Notas
Categoría:Nados en 1938 Categoría:Nados en Alepo Categoría:Bispos católicos do século XX Categoría:Bispos católicos do século XXI Categoría:Bispos da Igrexa católica greco-melquita Categoría:Bispos católicos de Siria Categoría:Bispos católicos de Venezuela Categoría:Alumnos da Universidade Espírito Santo de Kaslik Categoría:Alumnos da Universidade San Xosé de Beirut Categoría:Alumnos da Universidade de Montreal Categoría:Basilianos alepinos Categoría:Relixiosos católicos de Siria