Pseudofungi é un grupo de heterocontos non-fotosintetizadores,, e que tamén se coñece como o grupo Heterokontimycotina. Está composto por Oomycota e Hyphochytridiomycetes.
O seu xeito de medrar, a partir de hifas, e o seu modo de nutrición osmotrófico fan que semellen aos fungos (sensu stricto), mais non están relacionados con estes. Multitude de probas bioquímicas, estruturais e de características xenéticas proban esta separación dos dous grupos.
Orixe evolutiva Postúlase que os pseudofungos proceden de algas cromistas heterocontas unicelares que perderon os seus plastidios. Non se atopou proba desa perda de plastidios, mais si da existencia de plastidios de algas vermellas endosinbiónticas.
Logo, a partir dun proto-pseudofungo unicelular heterotrofo, probablemente un parasito de cogomelos, terían adquirido xenes de fungos grazas á transferencia xénica horizontal. Iso deu lugar a un desenvolvemento dunha converxencia da multicelularidade fúnxica, e explicaría porqué a parede celular está ás veces formada por quitina e celulosa
Clasificación Os oomicetos estiveran sendo clasificados como fungos ata que as revisións sistemáticas da década de 1970 comezaron a cuestionar a súa relación cos fungos. Comezouse argumentando que non pertencían ao reino dos fungosKreisel (1969). Grundzuge eines naturlichem systems der pilze. In: Hawksworth, D.L., Sutton, B. C. & Ainsworth , G. C. (1983). Ainsworth & Bibys’s Dictionary of the fungi. Sétima Edición. Commonwealth My cological Institute. Kew, Surrey.Shaffer, R.L. (1975). The major groups of Basidiomycetes. Mycologia 67:1-18. resaltando que estes estaban relacionados coas xantofíceas e chamóuselles "fungos algais"Sparrow, F. K. 1976. The present status of classification in biflagellate fungi. pp. 213-222 in Recent Advances in Aquatic Mycology. E. B. Gareth Jones, ed.; Halsted Press of John Wiley & Sons, NY.. A esa nova división déuselle ou ben o rango de subdivisión Pseudofungi do filo dos Heterokonta e reino Protista Cavalier Smith, 1986, 1987 ou como Heterokontimycotina do reino HeterokontaDick, M.W. 1976. The ecology of aquatic phycomycetes. Pp. 213-542 Elek Science, London.. Clasificacións posteriores subiron os Heterokonta á posición de infrareino para definir este grupo de heterotrofos autotróficosCavalier-Smith, T. 1986. The kingdom Chromista. Pp. 309-347 Vol 4. Biopress, Bristol., e que de novo se dividiu en dous filos: Bigyra e Pseudofungi.
As relacións entre os grupos de pseudofungos son:
Notas
Categoría:Eucariotas Categoría:Protistas Categoría:Algas