José Vázquez Gómez, coñecido como Ubaldo, nado en Ourol e finado en Lousada (Xermade) o 12 de novembro de 1947, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria En 1938 era membro do grupo de César Terrón Abad formado por antigos combatentes da fronte asturiana como Eusebio García García, Ramiro Pérez Granja e Antonio Vega Guerrero que actuaba ao norte de Ponferrada. Logo da morte de César Terrón o 21 de xullo de 1940, o grupo foi dirixido por Florentino Rodríguez Pico e operou no Bierzo. José Vázquez pasou a integrarse na Federación de Guerrillas de León-Galicia, no grupo de Antonio Fernández Crespo activo nos límites de León e Asturias. Foi morto o 12 de novembro de 1947 en Lousada (Xermade) nun enfrontamento coa Garda Civil. A súa nai Vicenta Gómez, que xunto co seu irmán Domingo Vázquez, sufriron rexistros, interrogatorios e detencións continuadas, acabou por intentar suicidarse cando a recluíron na prisión provincial de Lugo en xuño de 1948.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Guerrilleiros antifranquistas de Galicia Categoría:Nados en Ourol Categoría:Finados en 1947 Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes