Ubaldo González González, nado en Entrimo, foi un político galego.

Traxectoria Durante a II República foi alcalde de Entrimo. En novembro de 1934 foi suspendido do cargo e multado con 1000 pesetas por asistir a unha comida na honra a un detido.El Pueblo Gallego, 6-11-1934, p. 12. Co triunfo da Fronte Popular nas eleccións de febreiro de 1936 foi reposto no cargo. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu á aldea de Ribeiro na freguesía de Castro Laboreiro cunha ducia de seguidores, entre eles o seu irmán Ricardo, para eludir a orde de detención que por negarse á recoñecer á autoridade militar cando lle foi comunicado o bando de declaración do estado de guerra. Ao pouco tempo marchou para Francia. Foi xulgado en Ourense por desobediencia e declarado en rebeldía.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Alcaldes de Entrimo Categoría:Alcaldes de Galicia durante a II República Categoría:Exilio galego Categoría:Galegos de Francia Categoría:Nados en Entrimo Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Finados en ano descoñecido