Gumersindo Delgado Gallego, nado en Bande e finado en Ourense o 20 de outubro de 1941, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Traxectoria Cando se produciu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 traballaba nas obras do ferrocarril en Requeixo de Seabra (Zamora). Pasou a Braganza, onde foi detido polas autoridades portuguesas e trasladado a Lisboa. De alí embarcouse a Tarragona no vapor Nyassa con outros refuxiados. Marchou a Barcelona, onde traballou de peón até que foi ocupada polo exército franquista. Foi pasaportado a Porto Quintela onde traballou de peón. Participou no asalto ao comercio dos irmáns Lisardo e Hermindo de Castro Álvarez en Porto Quintela o 11 de setembro de 1940 xunto con Saturnino Darriba, Gabriel Hernández González, José Fernández Alonso, Francisco Domínguez, Remigio Fernández Rodríguez e Felisa Pérez Corbillón. Detido, foi xulgado en consello de guerra en Ourense por rebelión militar o 7 de abril de 1941 e condenado á pena de morte. Foi fusilado no Campo de Aragón o 20 de outubro de 1941.

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Guerrilleiros antifranquistas de Galicia Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Bande Categoría:Finados en 1941 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Nados en ano descoñecido