miniatura|Tomografía computadorizada do tórax amosando pneumotórax esquerdo (lado dereito da imaxe). Unha drenaxe obsérvase in situ, entre a cavidade pleural e as costelas. O pneumotórax é a entrada de aire no espazo (virtual no san) interpleural: entre a pleura visceral e a parietal.eMedicine
Orixina un colapso pulmonar de maior ou menor magnitude, coa súa correspondente repercusión na mecánica respiratoria e hemodinámica do paciente, onde a orixe pode ser externa (perforación na caixa torácica) ou interna (perforación nun pulmón).Enciclopedia ilustrada Cumbre, Editorial Cumbre. Pola descrición da súa dor, en localización e intensidade, pode ser confundido cunha anxina de peito ou un infarto de miocardio.
Aínda que non supón un gran risco -coa debida atención hospitalaria- para a vida da persoa, o diagnóstico debe ser rápido e a súa atención case inmediata, xa que ademais do colapso pulmonar e a debida perda de osíxeno, a formación dun pneumotórax a tensión (onde o aire entra no espazo interpleural pero non sae) pode ser fatal en moi pouco tempo, ó ir comprimindo o outro pulmón e o corazón.
Etioloxía Segundo a causa que desencadee o pneumotórax, pode ser: Traumático: A causa do pneumotórax débese a un traumatismo (xa sexa aberto ou pechado) que provoca a entrada de aire entre as dúas capas da pleura. Estes, á súa vez poden clasificarse en iatroxénicos (por procedementos médicos) e en non iatroxénicos. Por exemplo, o que puidese causar unha costela rota ó rachar a pleura. Espontáneo: O pneumotórax aparece sen ningún traumatismo previo. Podemos distinguir entre pneumotórax espontáneo primario (se non hai doenza pulmonar subxacente) ou pneumotórax espontáneo secundario (se o paciente sufría algún tipo de neumopatía previa). Hai que descartalo sempre ante calquera dor torácica ou dispnea de aparición brusca. A clínica e a exploración poden ser moi inaparentes. A aparición destes neumotórax adoita darse coa formación dunhas burbullas na pleura visceral (bulas), que rompan de súpeto orixinándoos. O paciente do pneumotórax espontáneo adoita presentar un perfil de alta estatura, superior ós 180 cm, complexión delgada, pulmóns grandes e alongados, e unha idade de entre 20 e 30 anos, a maior incidencia segundo menor é a idade neste rango, e cun risco case 5 veces maior en homes. Ademais, afeccións como a asma poden axudar á formación destes, así como o tabaco chega a multiplicar por 22 o risco de que se produzan en homes e por 9 en mulleres.
Clasificación Segundo o grao de afectación pulmonar, denomínase: Laminar Moderado Masivo A tensión
Notas
Categoría:Termos médicos Categoría:Doenzas