Park Chanyeol, nado o 27 de novembro de 1992, é un rapeiro, cantante, compositor e actor surcoreano. Debutou en 2012 como membro da banda surcoreano-chinesa EXO e da súa subunidade EXO-K.

Primeiros anos Park Chanyeol naceu en Seúl, Corea do Sur. Asistiu á Hyundai High School en Apgujeong-dong, Seúl. Ten unha irmá chamada Park Yoora, quen é actualmente unha presentadora na cadea de televisión surcoreana YTN, e anteriormente na MBC. Chanyeol foi admitido nunha institución privada de interpretación cando tiña dezaseis anos, onde se volveu un bo amigo de P.O. de Block B.

Despois de ver Escola de Rock na escola primaria, Chanyeol interesouse na música e pronto comezou a tocar a batería. Chanyeol, comezou a soñar con converterse nun cantante tras de escoitar Unconditional Kismet de Yoo Young-jin. Cando era un estudante de primeiro curso da escola media, formou unha banda chamada "Heavy Noise" cos seus mellores amigos e tocou con eles durante uns tres anos. Durante os seus primeiros anos de instituto, estivo imbolucrado na banda da súa escola, "Siren".

Chanyeol citou Jason Mraz e Eminem como as súas máis grandes influencias, aínda que na escola media era un gran seguidor de bandas de rock como Muse, Green Day, Nirvana, e X-Japan.

Chanyeol converteuse nun aprendiz en SM Entertainment despois de gañar o segundo posto no Smart Model Contest de 2008. Mentres adestraba en S.M., comezou a centrarse no rap. Antes do seu debut, Chanyeol fixo cameos no vídeos musicais de TVXQ, "HaHaHa Song" e de Girls' Generation "Genie" en 2008 e 2010 respectivamente.

É actualmente un estudante de Administración de Cultura e Arte na Kyung Hee Cyber University xunto a compañeiros de Exo como Suho, Baekhyun, e Kai.

Carreira

2012 - 2014: comezos de carreira Chanyeol foi anunciado oficialmente como o derradeiro membro do grupo o 23 de febreiro de 2012. O grupo debutou oficialmente o 8 de abril de 2012.

En abril de 2012, apareceu no vídeo musical de Girls' Generation-TTS do sinxelo do seu debut "Twinkle".

En 2014, Chanyeol escribiu o rap para a versión coreana da canción "Run" do segundo disco de Exo Overdose e tamén apareceu nos discos de debut dos seus compañeiros do mesmo selo discográfico Henry e Zhou Mi. Converteuse nun membro do elenco dos realities televisivos da SBS: Law of the Jungle en Micronesia e Roommate. Deixou Roommate en setembro por problemas de axenda.

2015 - presente: actuación e composición En abril de 2015, Chanyeol fixo o seu debut na grande pantalla co filme surcoreano Salut d'Amour xunto coa actriz Moon Ga-young, quen posteriormente coprotagonizou o drama web Exo Next Door. En xuño de 2015, Chanyeol, xunto cos seus compañeiros de Exo Chen e Lay, escribiu a versión coreana da canción "Promise" da reedición Love Me Right do segundo álbum de estudio de Exo, Exodus. Máis tarde escribiu o rap de "Lightsaber", o sinxelo promocional para Star Wars: The Force Awakens, que foi posteriormente incluída no terceiro EP de Exo, Sing for you.

En abril de 2016, Chanyeol escribiu e interpretou o rap da canción "Confession" do álbum de debut de Yesung, Here I Am. No terceiro álbum de estudio de Exo Ex'Act, o cal foi lanzado en maio, coescribiu a letra da canción "Heaven". En xuño do mesmo ano, foi lanzado o filme coreano-chinés So I Married An Anti-fan, no cal Chanyeol desempeña o papel como protagonista masculino xunto coas actrices Yuan Shanshan e Seohyun. El e mais Yuan Shanshan tamén gravaron un dueto titulado "I Hate You" como tema principal do filme. En setembro, Chanyeol comezou a filmar a vindeira serie de televisión da MBC, Missing Nine. O 6 de outubro, Chanyeol e o cantante de R&B americano Tinashe foron anunciados como invitados na canción do grupo americano de hip hop Far East Movement e do músico americano Marshmello, "Freal Luv".

Discografía

Cancións Título Ano Posicións de mapa do pico Vendas(Descarga) ÁlbumKORGaonCHNBaiduCHN V MapaUSWorldComo artista principal "Delight"2014———— KOR: 12,096Exology Chapter 1: The Lost PlanetColaboracións"If We Love Again" (con Chen)201638——— KOR: 47,208Two Yoo Project Sugar Man Part 32Como artista invitado"Bad Girl" (Henry con Chanyeol)201475 18 — — KOR: 27,192Fantastic "Rewind" (Zhou Mi con Chanyeol) — — — 5Rewind "Don't Make Money" (Heize con Chanyeol)2015 43 — — — KOR: 60,192Vendas acumulativas de "Don't Make Money":Unpretty Rapstar 2 Semi-final Part 1 "Confession" (Yesung con Chanyeol)2016 — — — —Here I Am "Freal Luv" (Far East Movement e Marshmello

con Chanyeol e Tinashe)6——— KOR: 22,665Vendas acumulativas de "Freal Luv": IdentityAparicións en bandas sonoras "Last Hunter"2016 — — — —Law of the Jungle BSO "I Hate You" (con Yuan Shanshan) — —11 —So I Married an Anti-fan BSO "Stay With Me" (con Punch)3—123KOR: 1,218,421+Guardian: The Lonely and Great God BSO"—" Denota lanzamentos que non foron listados ou que non se lanzaron nesa rexión.

Créditos como escritor e compositor AnoÁlbumArtistaCanciónLetrasMúsicaAcreditadoConAcreditadoCon2014OverdoseExo-K"Run"RapNon2015Law of the Jungle BSO Chanyeol"Last Hunter"SiSi"Who I Am"SiSi"Young Street"SiSiUnpretty Rapstar 2 Semi-Parte final 1Heize ft. Chanyeol"Don't Make Money"RapNonLove Me RightExo"Promesa" (Versión Coreana)SiChen & LayNonSing for You"Lightsaber"RapNon2016Chanyeol"You Are"SiSiHere I AmYesung"Confession"RapNonEx'ActExo"Heaven" (Versión Coreana)SiMin Yeon-jaeNon"Heaven" (Versión Chinesa)SiMin Yeon-jae, Wang Jung-unNonIdentityFar East Movement e Marshmello con Chanyeol e Tinashe"Freal Luv"SiKevin Nishimura, J. Roh, Virman Coquia, C. Comstock, Tinashe, William PhillipsSiKevin Nishimura, J. Roh, Virman Coquia, C. Comstock, Tinashe, William Phillips

Filmografía

Filmes Ano Título Papel Notas 2015 Salut d'Amour Min-sung Personaxe secundario 2016 So I Married an Anti-fan Hoo Joon Protagonista

Series de televisión Ano Título Rede Función Notas 2008 High Kick! KBS2 Estudante de instituto Cameo; Episodio 71 2012 To The Beautiful You SBS El mesmo Cameo; Episodio 2 2013 Royal Villa jTBC 2015 Exo Next Door Naver TV Cast Chanyeol Protagonista 2017Missing 9 MBC Lee Yeol Personaxe secundario

Presentador AnoTítuloFunciónRedeData(s)Notas2013Music BankMC especialKBS7 de xuño de 2013Con Baekhyun12 de xullo de 2013Con D.O.M!CountdownMnet1 de agosto de 2013Con SulliMusic BankKBS23 de agosto de 2013 6 de setembro de 2013Con BaekhyunShow! Music CoreMBC5 de outubro de 20132014Music Bank en MéxicoKBS12 de novembro de 2014Con Doojoon e Sungkyu2015Show! Music CoreMBC2 de maio de 2015Con Hyeri & Choa201616 de abril de 2016Con Zico 18 de xuño de 2016Con Jooheon

Aparicións en vídeos musicais Ano Título Artista2008"HaHaHa Song" TVXQ2010"Genie" (Versión xaponesa) Girls' Generation2012"Twinkle" Girls' Generation-TTS2013"1-4-3 (I love you)" (versión acústica)Henry Lau"You don't know love"K.Will2014"Hope" ((remake))H.O2015"Can you feel it?"Donghae & Eunhyuk"12:25 (wishlist)"f(x)2016"I Hate You"Chanyeol & Yuan Shanshan"Freal Luv"Far East Movement e Marshmello con Chanyeol e Tinashe

Premios e nomeamentos Ano Premio Categoría Candidato por Resultado 2015 51.º Premios de Artes Baeksang Actor máis popular (Filme) Salut d'Amour Candidato 8º. Korean Drama Awards Mellor Actor NovoExo Porta próxima Gañou Premio de estrela Hallyu Gañou201616º. Top Chinese Music AwardsFamoso estranxeiro máis popular Gañou

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Park Chanyeol en HanCinema

Categoría:Nados en 1992 Categoría:Nados en Seúl Categoría:Cantantes de Corea do Sur Categoría:Actores de Corea do Sur