Bernardo Álvarez Trabajo, Gasta, nado en Bembibre en 1915 e finado en Penacova (Bóveda) o 22 de xuño de 1949, foi un guerrilleiro antifranquista.

Traxectoria Durante a guerra civil española, realizando o servizo militar na provincia de Cádiz, foi detido por falanxistas e ingresou na prisión de El Puerto de Santa María. Foi condenado a morte e posteriormente amnistiado. Converteuse en enlace da guerrilla leonesa, e en febreiro de 1948 incorporouse á II Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia. En 1949 foi ferido nunha perna nun tiroteo coa Garda Civil preto de Ocero (Sancedo), conseguiu escapar e fuxiu cara aos montes de Remesar.

Formaba parte do grupo de Manuel Fernández Soto con Elías López Armesto cando foron denunciados por Francisco Cano Román, un garda civil infiltrado no seo da guerrilla. Morreu o 22 de xuño de 1949 a mans da Garda Civil en Penacova, na parroquia de Remesar (Bóveda), xunto con Manuel Fernández Soto; Elías López resultou malferido e morreu días despois. Foron soterrados no cemiterio de Teilán.

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas La ARMH entrega los restos del guerrillero antifranquista Bernardo Álvarez, ‘Gasta’, a sus familiares A seis metros del muro

Categoría:Guerrilleiros antifranquistas Categoría:Nados en Bembibre Categoría:Nados en 1915 Categoría:Finados en 1949