Manuel Rodríguez González, nado en Ourense e finado en Madrid o 3 de setembro de 1951, foi ebanista e guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria Ingresou nas Juventudes Socialistas Unificadas de Ourense a finais de 1946. Cando foron desmanteladas en marzo de 1948, encargouse de reorganizalas. Coa morte de Máximo Nóvoa Barreiros incorporouse á guerrilla de Samuel Mayo Méndez. Pertenceu ao grupo guerrilleiro de Juan Sorga Rodríguez. Tentou chegar co resto de grupo a Francia. Na viaxe foron sorprendidos pola Garda civil en Chaherrero (Crespos, provincia de Ávila) o 16 de maio de 1950, resultando morto Perfecto de Dios Fernández e detida a súa nai Carmen Fernández Seguín. Juan Sorga e Manuel Rodríguez lograron fuxir e chegaron a Madrid. O 26 de maio, cando viaxaba con Juan Sorga no tren correo Madrid-Zaragoza foi detido pola Garda Civil, mentres Sorga logrou saltar do tren e fuxir. Xulgado en Madrid, foi condenado a pena de morte e executado en garrote vil o 3 de setembro de 1951.
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Guerrilleiros antifranquistas de Galicia Categoría:Nados en Ourense Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Finados en 1951 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Nados no século XX Categoría:Ebanistas Categoría:Executados no garrote vil Categoría:Represaliados polo franquismo