PocomacoComunidade de Propietarios do Polígono de Pocomaco ou Po. Co. Ma. Co. son as siglas polas que se coñece o Polígono de Comercio Maiorista da Coruña, un polígono comercial, industrial e loxístico situado no lugar de Mesoiro, no concello da Coruña. Historia En febreiro de 1967 formouse a asemblea constitutiva, e en xullo de 1972 comezaron as obras de urbanización, rematadas en decembro de 1974.

No polígono están instaladas empresas senlleiras como El Ideal Gallego, Prosegur ou Armería Álvarez e teñen importantes departamentos outras como Hijos de Rivera (centro loxístico) ou Abanca (centro tecnolóxico).

A finais da primeira década do século XXI construíuse mediante iniciativa privada o polígono industrial de Vío, para complementar o xa saturado Po.Co.Ma.Co., porén en 2017 a téxtil Caramelo, a única empresa instalada na nova infraestrutura, anunciaba a súa quebra e liquidación.

En 2013 inaugurouse o primeiro dos tres aparcadoiros disuasorios de balde dos que dispón o polígono.

Accesos

Ferroviario O polígono conta cun cargadoiro en desuso que orixinariamente estaba conectado á liña A Coruña-Zamora. Contémplase de cara ao futuro aproveitar esta circunstancia para construír nas proximidades unha conexión co novo Porto Exterior.

Estradas e autoestradas AC-14. Conecta o polígono con distintos barrios da cidade e o centro máis o aeroporto e a A-6. DP-0512. Conecta o polígono con Coruña e Arteixo a través de Feáns e Uxes.

Transporte público Cía. de Tranvías da Coruña: liña 21.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina web

Categoría:Polígonos industriais de Galicia Categoría:A Coruña