Who's Next é o quinto álbum da banda inglesa de rock The Who, publicado en agosto de 1971. Desenvolveuse a partir do proxecto abortado Lifehouse, unha ópera rock multimedia escrita por Pete Townshend como continuación do álbum Tommy de 1969. O proxecto cancelouse debido á súa complexidade e a conflitos con Kit Lambert, o representante do grupo, pero persuadiron a Townshend para gravar as cancións para un álbum de estudio normal.

The Who gravou Who's Next coa asistencia do enxeñeiro de son Glyn Johns. Tras producir a canción "Won't Get Fooled Again" no estudio móbil dos Rolling Stones, trasladáronse aos Olympic Studios para gravar e mesturar a meirande parte das restantes cancións do traballo. A banda fixo un grande uso dos sintetizadores no álbum, particularmente en "Won't Get Fooled Again" e "Baba O'Riley", que foron publicadas como sinxelos. A fotografía da portada foi feita por Ethan Russell e fai referencia ao monólito da película de 1968 2001: Unha odisea do espazo, e nela aparecen os membros da banda despois de ouriñar contra un piar de cemento situado sobre un monte de escoura.

Who's Next foi un éxito inmediato tras ser editado. Dende entón foi visto por moitos críticos como o mellor disco de The Who e un dos mellores álbums de todos os tempos. Foi reeditado en CD varias veces con cancións adicionais orixinalmente creadas para Lifehouse.

Listaxe de cancións

Cancións extra de 1995

Edición deluxe de 2003 O primeiro disco da edición deluxe contén os nove temas do álbum orixinal coa mestura deste, seguidos por seis descartes, dos cales "Getting in Tune" e "Won't Get Fooled Again" eran inéditos. Os seis descartes foron gravados durante as sesións en Record Plant en marzo de 1971.Atkins 2003, p. 24

Os temas dos segundo disco foron gravados no Young Vic Theatre, Londres, o 26 de abril de 1971. Todas as cancións publicáranse anteriormente agás "Water" e "Naked Eye".Atkins 2003, p. 25

Notas

Categoría:Álbums de The Who Categoría:Álbums musicais de 1971 Categoría:Álbums producidos por Glyn Johns Categoría:Álbums producidos por Pete Townshend