Pedro López Bodelo, nado na Arentía (Andavao, Boimorto), foi un sindicalista e político galego do PSOE, alcalde de Boimorto, represaliado durante a Guerra civil española.
Traxectoria Presidente do Sindicato Agrícola de Boimorto y sus Contornos. Militante do PSOE. Na Segunda República foi elixido concelleiro de Boimorto logo da repetición das eleccións municipais do 31 de maio e elixido alcalde de Boimorto o 5 de xuño. Coa folga xeral revolucionaria de 1934 foi detido e encausado xunto con Antonio Vidal Novo por reunión clandestina no Sindicato Agrícola o 7 de outubro. Foi destituído como alcalde a finais de outubro xunto cos concelliros Ramón Vázquez Garea, José Cabanas Vázquez e José Tojo García.El Eco de Santiago, 30-10-1934, p. 2. Despois do triunfo da Fronte Popular nas eleccións xerais de febreiro de 1936 foi reposto como alcalde.
Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu con Manuel Sánchez de Valente e permaneceron agochados. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en xuño de 1938.El Ideal Gallego, 10-6-1938, p. 3. Entregáronse no cuartel de Sobrado en xaneiro de 1941.Boimorto: a historia da sublevación do 36 e "Memoria dun silencio" de Xosé Luís Rivas Cruz Foi xulgado en Santiago de Compostela por auxilio á rebelión e condenado a 8 anos de prisión. Internado na Prisión Provincial da Coruña, saíu en liberdade provisional en xaneiro de 1942.BOE, 7-1-1942, p. 118. Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Homiños de Boimorto Ligazóns externas Causa do Xulgado de Arzúa sobre danos por disparos de escopeta na casa do cura párroco de Andavao, Emilio López Freire, sendo sospeitosos o alcalde de Boimorto, Pedro López Bodelo, e outros Causa do Xulgado de Arzúa sobre ameazas con arma de fogo e violación de morada do cura párroco de Andavao, Emilio López Freire, contra Pedro López Bodelo, Isidro Filloy López, José Cabanas e José Paz
Categoría:Políticos do PSOE Categoría:Alcaldes de Boimorto Categoría:Alcaldes de Galicia durante a II República Categoría:Nados en Boimorto Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Finados en ano descoñecido