Nelson Hubert Minnich, nado o 15 de xaneiro de 1942 en Cincinnati (Ohio), é un académico estadounidense, especialista na historia da Igrexa católica. Traxectoria Entre 1959 e 1963 estudou Humanidades na Universidade Xavier de Cincinnati. Posteriormente, até 1965, obtivo un A.B. en Filosofía polo Boston College, e na mesma entidade un M.A. en Historia en 1968. Marchou a Roma, onde cursou Teoloxía até 1970 na Pontificia Universidade Gregoriana, e en 1977 doutorouse en Historia pola Universidade Harvard coa tese Episcopal Reform at the Fifth Lateran Council (1512-17).

Dende 1977 é profesor nos departamentos de Historia e Historia da Igrexa na Universidade Católica de América. Ao mesmo tempo, é editor da revista The Catholic Historical Review. Dende 2007 é tamén membro do Comité Pontificio de Ciencias Históricas.

Obra Artigos en revistas

Colaboracións en obras colectivas

Categoría:Nados en 1942 Categoría:Nados en Cincinnati, Ohio Categoría:Alumnos do Boston College Categoría:Alumnos da Pontificia Universidade Gregoriana Categoría:Alumnos da Universidade Harvard Categoría:Profesores da Universidade Católica de América Categoría:Historiadores dos Estados Unidos de América Categoría:Escritores en lingua inglesa Categoría:Historiadores de Historia da relixión