Femu a Corsica (en galego: Fagamos Córsega) é unha coalición política nacionalista corsa e autonomista creada en 2010.

Partidos membros Partido da Nación Corsa Inseme per a Corsica A Chjama Naziunale

Historia Creación de Femu a Corsica En novembro de 2009 Inseme per a Corsica fixo unha chamada á forzas políticas corsas para formar unha coalición nacionalista nas eleccións territoriais de 2010.

En xaneiro de 2010 chegouse finalmente a un acordo entre tres partidos políticos: Partitu di a Nazione Corsa, Inseme per a Corsica e A Chjama Naziunale. A coalición estaba aberta á incorporación de I Verdi Corsi e Via Prugressista, non incorporándose ningún destes dous partidos finalmente á coalición por desacordos coa lista.«Un accord politique au service de la Corse»

Eleccións de 2010 O nacionalismo corso presentouse en dúas listas a estas eleccións. Por un lado, a lista autonomista Femu a Corsica (liderada polo binomio Jean-Christophe Angelini e Gilles Simeoni) e por outro lado a lista independentista de Corsica Libera (liderada por Jean-Guy Talamoni).

Os resultados do sobiranismo na primeira volta foron sorprendentes. A lista liderada por Gilles Simeoni, Femu a Corsica, foi a segunda forza co 18'4% dos votos. Mentres tanto a lista liderada por Jean-Guy Talamoni, Corsica Libera, foi a quinta máis votada co 9'36% do voto. Ambas candidaturas pasaron á segunda volta.«Territoriales Corse 2010 C'est sûr, l'électorat insulaire est en train de changer le décor » Femu a Corsica obtivo o 25'89% do voto e 11 deputados na segunda volta.

Notas

Categoría:Partidos políticos de Córsega Categoría:Nacionalismo corso