O tectiteco é unha lingua indíxena mesoamericana e un membro da póla quicheana-mameana da familia de linguas maias. É falada polo pobo tectiteco de Huehuetenango, Guatemala (lingua nacional).Proyecto de Reformas a la Constitución Política Está estreitamente relacionada coa lingua mam. Certo número de falantes da lingua asentáronse en México. Por mor da proximidade de Huehuetenango coa fronteira mexicana os falantes da lingua acolleron aspectos do castelán mexicano na súa fala. O número de falantes contábase en 4 900 no 2010 segundo Ethnologue e segundo o Endangered Languages Project, a lingua atópase en perigo. O tectiteca está clasificado como definitivamente en perigo polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO

Notas

Categoría:Linguas maias Categoría:Linguas de Guatemala Categoría:Linguas de México Categoría:Linguas aglutinantes