Mercedes Tella Comas, nada na Coruña en 1868 e finada en Vilafranca do Bierzo o 30 de xaneiro de 1934,La Voz de Galicia, 31-1-1934, p. 1, 5.El Pueblo Gallego, 1-2-1934, p. 10 foi unha pedagoga e escritora galega."Mercedes Tella", El Correo Gallego, 1-4-1909 , p. 1

Traxectoria Irmá de Alfredo Tella. Estudou Maxisterio na Coruña e marchou a Madrid onde fixo o grao normal. En 1896 foi nomeada profesora auxiliar da Escola Normal de Madrid, e en 1909 profesora supernumeraria da sección de Ciencias da mesma escola. En 1901 obtivo a praza de profesora da Normal da Coruña. Estudou Pedagoxía na Facultade de Filosofía e Letras. Presentou comunicación e interveu nos debates do IX Congreso Internacional de Hixiene e Demografía (1898). Participou na Asemblea dos Amigos de la Enseñanza de Madrid e presentou unha memoria ao Congreso de Medicina de Madrid. Foi redactora da Gaceta de Instrucción Pública. En 1907 foi nomeada directora da Escola Normal da Coruña, permanecendo no cargo até 1911. En 1914 volveu ser nomeada directora, permanecendo no cargo até a súa xubilación. Pronunciou conferencias e escribiu artigos científicos, literarios e pedagóxicos en periódicos e revistas.

Foi membro correspondente da Real Academia Galega.RAG. Lista de membros correspondentes. Letra T

Obras Aritmética elemental, 1896 (en colaboración con María Encarnación de la Rigada). Los juegos en la escuela, 1904.

Recoñecementos En 1929 recibiu a Cruz de Afonso XII.

Vida persoal Era irmá do escritor Alfredo Tella e casou con Mario Sánchez Belorado.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Pedagogos de Galicia Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Nados na Coruña Categoría:Finados en 1934 Categoría:Nados en 1868 Categoría:Membros correspondentes da Real Academia Galega Categoría:Escritores de Galicia coa obra no dominio público