O evanxelicalismo, evanxelismo, cristianismo evanxélico ou protestantismo evanxélico é un movemento transdenominacional dentro do cristianismo protestante que argúe que a esencia do Evanxeo consiste na doutrina da salvación por graza a través da fe na expiación de Xesús de Nazaret. Os evanxélicos cren na centralidade da conversión ou na experiencia de «nacer de novo» cando se recibe a salvación, na autoridade da Biblia como a revelación de Deus á humanidade e na difusión da mensaxe cristiá. No ano 2017, había 630 millóns de fieis en todo o mundo.CNEF, GLOBAL STATISTICS 2017 , lecnef.org, France, consultado o 18 de novembro de 2017
Historia O movemento gañou gran pulo nos séculos XVIII e XIX co Primeiro e Segundo Grande Espertar, no Reino Unido e en América do Norte, respectivamente. As orixes do movemento evanxélico adóitanse trazar até o metodismo inglés, a Igrexa de Moravia (en particular, a teoloxía do seu bispo Nicolaus Ludwig von Zinzendorf) e ó pietismo luterano. Entre os líderes e principais figuras do movemento evanxélico protestante atópanse John Wesley, George Whitefield, Jonathan Edwards, Billy Graham, Harold John Ockenga, John Stott e Martyn Lloyd-Jones.miniatura|Igrexa evanxélica Lakewood Church durante unha celebración.|centro Notas
Véxase tamén Outros artigos Congregación Cristiá en España.
Categoría:Protestantismo