A preeclampsia é unha complicación médica do embarazo, tamén chamada toxemia do embarazo, e asóciase a hipertensión inducida durante o embarazo e a elevados niveis de proteína nos ouriños (proteinuria). Debido a que a preeclampsia se refire a un cadro clínico ou conxunto sintomático, no canto dun factor causal específico, estableceuse que pode haber varias etioloxías para o trastorno. É posible que exista un compoñente na placenta que cause disfunción endotelial nos vasos sanguíneos maternos de mulleres susceptibles.Drife JO, Magowan (eds). Aínda que o signo máis notorio da enfermidade é unha elevada presión arterial, pode desembocar nunha eclampsia, con dano ó endotelio materno, riles e fígado. O único tratamento é o parto, sendo a indución do parto ou a cesárea os procedementos máis comúns. Pode aparecer até seis semanas posparto. É a complicación do embarazo máis común e perigosa, polo que debe diagnosticarse e tratarse axiña, xa que en casos graves pon en perigo a vida do feto e da nai. Caracterízase polo aumento da tensión arterial (hipertensión) xunto ó de proteínas nos ouriños (proteinuria), así como edemas nas extremidades.

Notas

Categoría:Termos médicos Categoría:Embarazo