A lingua miskito (Mískitu) é unha lingua misumalpa falada polo pobo miskito no nordeste de Nicaragua, especialmente na Rexión Autónoma do Atlántico Norte, e no leste de Honduras. Con 150 000 falantes (2005), o miskito é a lingua máis falada da familia de linguas de Nicaragua e Honduras. O nome da familia, misumalpa, está formado a partir dos nomes dos seus subgrupos: miskito, sumo e matagalpa. O miskito está clasificado como "vulnerable" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.

Ademais de moitas palabras prestadas doutras linguas misumalpas, o miskito ten un gran número de préstamos léxicos do inglés crioulo. Malia que o castelán é a lingua oficial de Nicaragua e Honduras, a súa influencia no miskito é moi recente e polo tanto máis superficial.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Linguas de Nicaragua Categoría:Linguas de Honduras Categoría:Linguas misumalpa