Francisco Santa Cruz Pacheco, nado en Orihuela, o 11 de maio de 1797 e finado en Madrid, o 31 de agosto de 1883, foi un político valenciano, deputado nas Cortes e ministro durante o reinado de Isabel II.
Traxectoria De ideoloxía liberal, aínda que pertencía a unha familia tradicionalmente conservadora, en 1820, formou parte da Milicia Nacional e tomou parte activa durante o Trienio Liberal, razón pola cal, trala chegada dos Cen Mil Fillos de San Luís agochouse en Griegos (provincia de Teruel).
Tralas revoltas liberais de 1840, foi xefe político da Xunta de Goberno de Teruel até 1843. En 1851 e 1853 foi elixido deputado de Teruel polo distrito de Albarracín formando parte do Partido Progresista. Durante o terceiro goberno de Baldomero Espartero foi ministro de Gobernación (1854-1855) e ministro interino de Facenda por ausencia do titular (1856). Durante este último cargo, evitou o grave quebranto da facenda pública grazas a unha operación de crédito que lle permitiu amortizar a maior parte da Débeda pública, soster os valores públicos e baixar a taxa de desconto nun 2%. A crise política do verán de 1856 provocou a caída do goberno e a súa dimisión.
En 1858, volveu saír deputado por Albarracín, escano ao que renunciou ao ser nomeado, ese mesmo ano, senador vitalicio. Apoiou ao novo goberno de O'Donnell, motivo polo que foi nomeado pesidente do Tribunal de Contas e, en 1863, gobernador do Banco de España, cargo que mantivo até 1866.
Apoiou a revolución de 1868 , e foi elixido como deputado de Teruel nas eleccións xerais españolas de 1869 e 1871. Tamén foi senador e presidente do Senado en 1871 e 1872. No Congreso apoiou a unidade relixiosa e xurou fidelidade ao novo rei Amadeu I de España.
Ao se producir a restauración borbónica, apoiou ao novo rei e dirixiu o sector centrista do novo Partido Liberal. Nas eleccións xerais de 1876, foi elixido de novo deputado de Teruel, mais deixou a cadeira ao ser, de novo, nomeado senador vitalicio.
Cargos DeputadoElecciónsCircunscriciónData de alta Data de baixa27-02-1843Teruel10-05-1851Teruel04-06-185102-12-185204-02-1853Teruel05/03/185310/12/185304.10.1854Cuenca13-11-185405-12-1854Nesa data foi substituído por Martín José Iriarte.Teruel13-11-185402-09-185625-03-1857Teruel06-05-1857 13-05-185815-01-1869Teruel16-02-1869 02-01-187108-03-1871Teruel20-01-1876Teruel18-02-187607-03-1876 Ministro MinisterioData de altaData de baixaMinistro de Gobernación30-07-185429-11-1854Ministro de Gobernación29-11-185406-06-1855Ministro de Facenda 07-02-185614-07-1856
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Lista de gobernadores do Banco de España
Categoría:Gobernadores do Banco de España Categoría:Nados en Orihuela Categoría:Nados en 1797 Categoría:Presidentes do Senado de España Categoría:Finados en 1883 Categoría:Políticos do Partido Liberal (España) Categoría:Ministros de España Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados Categoría:Senadores de España