miniatura|Uxía, cantora e co-directora do festival

Cantos na Maré, festival internacional da lusofonía, dirixido por Uxía e Paulo Borjes, celébrase no Pazo da Cultura de Pontevedra desde o ano 2003. A partir de 2018 cambia de formato e pasa de consistir nunha única gala a estar formado por un conxunto de eventos (concertos, cinema, obradoiros, contacontos, entre outros) desenvolvidos durante varios días.

Desde 2020, baixo o nome de Maré, festival das artes e músicas atlánticas, celébrase en Santiago de Compostela.

Trátase dun proxecto cultural que une territorios atlánticos a través de música, ritmos e sons que comparten raíces, onde participan anualmente artistas emerxentes e consagrados para crear un espectáculo colectivo, entre outros, Chico César, Tito Paris, Carlos do Carmo, Lenine, Sara Tavares, Rui Veloso ou Aline Frazão.

Edicións coa produción de Nordesía 2013: Rui Veloso (Portugal), Chico César (Brasil), Cheny Wa Gune (Mozambique) e Sés (Galiza). 2014: Amancio Prada (Castela e León), Xosé Manuel Budiño (Galiza), Vitor Ramil (Brasil), Gabriela Méndes (Cabo Verde) e Luiz Caracol (Portugal). 2016: Jorge Palma (Portugal), Thaïs Morell (Brasil), Karyna Gomes (Guinea-Bissau), Alceu Valença (Brasil) e Uxía&Narf (Galiza). 2017: Guadi Galego (Galiza), Manecas Costa (Guinea-Bissau), Paulo Flores (Angola), Celina da Piedade (Portugal), Kátya Teixeira (Brasil) e Santiago Auserón (Aragón). 2018 - Actuacións principais: Teresa Salgueiro (Portugal), Vudú (Galiza), Cesária Évora Orchestra (Cabo Verde), Capicua (Portugal), Os meninos (Galiza), Selma Uamusse (Mozambique), Chico César (Brasil), Mercedes Peón (Galiza), Throes + The Shine (Portugal e Angola), Kepa Junquera (Euskadi), Tanxugueiras (Galiza), Celina da Piedade (Portugal) e Ath-Thurdâ (Euskadi-Alentejo).

Véxase tamén Ligazóns externas Documental NóComún: Cantos na Maré - No territorio común da música Website actual: Festival Maré das artes e músicas atlánticas

Podcast de Radio 3: Cantos na Maré 2010. Con António Zambujo, Uxía, Guadi Galego, Lenine e Aline Frazão.

Categoría:Pontevedra Categoría:Festivais de música en Galicia