We Ride é unha banda de hardcore de Vigo, creada en abril de 2009. Foron a primeira banda española que asinou coa discográfica estadounidense Victory Records. Son considerados unha das bandas españolas na que máis países actuaron, despois de virar e tocado múltiples veces en mais de 30 países en Europa, América do Sur, América Central, América do Norte e Asia.
Traxectoria A banda foi formada pola cantante Mimi Telmo e o guitarrista Borja Trigo, con Víctor Rodríguez no baixo e Dani Pereira na batería. En xullo deron o seu concerto debut e uns meses despois gravaron a súa primeira maqueta, Demo '09, coa que deron os seus primeiros concertos en Vigo e arredores. En setembro Dani deixou a banda, e substituíuno Brais Lomba.
En 2010 publicaron o seu primeiro disco, Directions, editado e distribuído polas discográficas Chorus of One Records (Europa/USA), Fragment Records (España) e Learn to Trust Records (Asia).Andreas Steiner O disco foi editado en formato CD, vinilo 12" e casete. As boas críticas recibidas leváronos a tocar fóra do estado, tanto de xira como en varios festivais en Europa do Norte.
En setembro de 2012 publicaron On the Edge, gravado nos estudos Ultra Sound de Braga e distribuído por Farewell Records (Europa), Seven Eight Life Recordings (América) e Samstrong Records (Asia). Presentaron o disco en Europa (España, Francia, Bélxica, Países Baixos, Eslovaquia, Eslovenia, Polonia, Serbia,República Checa, Austria e Italia), América (Arxentina, Uruguai, Ecuador, Chile, Perú, Panamá, México, Brasil, Colombia, Nicaragua, O Salvador, Costa Rica, Honduras e os Estados Unidos) e Asia (Malaisia, Filipinas, Singapur e China).
Logo de tomar 2016 como ano sabático, o 4 de febreiro de 2017 a revista Alternative Press anunciou a fichaxe da banda polo selo estadounidense Victory Records, e a publicación en exclusiva do sinxelo "Self Made" como adianto do novo disco, Empowering Life, publicado o 14 de abril. Coa saída de novo disco asinan pola axencia M.A.D. Tourbooking, coñecida por ser a axencia europea de contratación máis importante de hardcore, punk e metal, á que pertencen bandas como Hatebreed, Agnostic Front, D.R.I. ou Napalm Death. En apenas dúas semanas presentan o disco novamente por toda Europa e durante o verán tocan en festivais europeos como Resurrection Fest e o Download Fesival, compartindo cartel con bandas como Linkin Park, Rancid, System of a Down ou Rammstein.
Estilo Ao longo dos anos We Ride foi evolucionando do son hardcore old-school, a unha mestura de distintos elementos do hardcore, do punk rock e do metalcore, creando un son moi propio e difícil de encadrar nun só xénero. A diferenza da maioría dos grupos do xénero, ao micrófono atópase unha muller asumindo o posto de frontwoman. Na maioría das súas letras hai diferentes temas reivindicativos e políticos, tratando problemas como a corrupción, a contaminación o machismo ou o especismo.
Ideais A pesar que nunca se definiron como tal, a cantante Mimi e mais integrantes da banda son veganos e straight edge.
Membros
Actuais Mimi Telmo - voz (2009 - presente) Borja Trigo - guitarra (2009 - presente) Brais Lomba - batería (2009 - presente) Nuno Alvez - guitarra (2012 - presente) Jose "Tweety" Capmany - baixo (2017 - presente)
Pasados Dani Pereira - batería (2009 - 2009) Víctor Rodriguez - baixo (2009 - 2013) Bastian Rodriguez - baixo (2013 - 2017)
Timeline
Discografía Demos Demo '09 (Auto-editada, 2009)
Álbums Directions (Chorus Of One Records, Fragment Records, Learn to Trust Records, 2010) On the Edge (Farewell Records, Seven Eight Life Recordings, Samstrong Records, 2012) Empowering Life (Victory Records, 2017)
Sinxelos Morire por ellos (2010)
Notas
Categoría:Grupos musicais de hardcore punk Categoría:Grupos musicais de Vigo Categoría:Grupos musicais formados en 2009