Bogdan Agopsowicz (en , "Bohdan Ahopsovych"), nado o 2 de marzo de 1908 en Kuty (hoxe Ucraína) e finado en maio de 1940, foi un sacerdote católico armenio galiciano, morto ao tratar de fuxir da URSS.

Traxectoria Naceu o 2 de marzo de 1908 en Kuty, unha vila de Galicia con importante poboación armenia, e entón parte do Reino de Galicia e Lodomeria (Austria-Hungría), na fronteira co Ducado de Bucovina. Graduouse na Academia Teolóxica de Lviv, e posteriormente foi ordenado sacerdote no rito armenio en 1936. Até 1939 exerceu de vigairo da catedral armenia de Lviv e permaneceu alí coa ocupación soviética, sendo Dionizy Kajetanowicz administrador apostólico da arquidiocese armenia. Durante a ocupación, axudou a soldados polacos a fuxir cara a Romanía.

Debido a que os soviéticos querían trasladalo ao gulag en Siberia, en maio de 1940 tentou fuxir da URSS e foi executado pola garda de fronteiras ao tentar cruzar o río Cheremosh para pasar a Romanía. Descoñécense o lugar e a data exactos.

Notas

Categoría:Nados en 1908 Categoría:Nados na rexión de Ivano-Frankivsk Categoría:Sacerdotes da Igrexa católica armenia Categoría:Sacerdotes católicos de Ucraína Categoría:Sacerdotes católicos do século XX Categoría:Finados en 1940 Categoría:Asasinados polo réxime soviético