Edith Lagos Saez, nada en Ayacucho o 27 de novembro de 1962 e finada na mesma cidade o 2 de xullo de 1982, foi unha revolucionaria peruana e membro do Partido Comunista do Perú. Liderou un pequeno destacamento de guerrilleiros para facer un buraco no cárcere de Ayacucho co fin de liberar todos os prisioneiros, incluíndo os revolucionarios capturados e as armas incautadas. Edith foi capturada máis tarde pola daquela Garda Republicana do Perú no distrito de Ocobamba cando tiña 19 anos. Nun comezo sería soterrada en Andahuaylas, mais finalmente foi trasladada a Ayacucho. O goberno declarou o seu funeral como unha reunión ilegal, porén, 30 000 persoas —dunha pequena cidade de 70 000 habitantes— acudiron ao acto en Ayacucho. A súa tumba foi posteriormente bombardeada polo Comando Rodrigo Franco.
Notas
Categoría:Nados en 1962 Categoría:Nados en Ayacucho Categoría:Revolucionarios Categoría:Finados en 1982