Alas de Papel foi unha revista viguesa de arte, ciencia e literatura (poesía, ensaio e narrativa) editada entre 1995 e 1996. Historia e características

Publicada en castelán e galego e dirixida por Rufino Peral e Carmen Solla.Depósito legal do exemplar número 1: VG 628 - 1994. Consultado o 27 de agosto de 2017 Comezou a publicarse en 1995 baixo o título Revista alas de papel e naceu con vocación de ser trimestral, mais non se publicou con esa periodicidade, xa que os intervalos de tempo nos exemplares dos que hai constancia foron de seis meses e un ano. O número cero publicouse en marzo de 1995, o número un en setembro de 1995Rede de bibliotecas públicas de Galicia e xa baixo o nome Alas de Papel saíu o número dous en setembro do ano 1996.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia de Pontevedra

Categoría:Revistas editadas en Galicia Categoría:Prensa escrita de Vigo Categoría:1995 en Galicia Categoría:Revistas literarias de España