miniatura|San Vicente Mártir. dereita|miniatura|Tumba de Vicente Losada Fernández no cemiterio de Vilariño de Conso. Vicente é un nome propio masculino galego. Esta forma escrita tamén é común co portugués e co castelán. A súa orixe é o latín , relativo á palabra "vincens", que significa "vencedor", "conquistador", ou "sedutor". En galego tamén ten a variante Vicenzo e os hipocorísticos Chente, Vituco, Tuco e Vitiño. En xaneiro de 2023 existían 3.024 varóns en Galicia co nome Vicente, cunha media de idade de 62,6 anos.Nome Vicente na Web do Instituto Galego de Estatística Non hai persoas rexistradas coa variante Vicenzo.
O nome en Galicia O nome foi moi común en Galicia, xa que existen numerosas parroquias onde o patrón é San Vicente, exactamente 31 na variante San Vicenzo (véxase: Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Vicenzo) e 67 coa variante San Vicente (véxase: Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Vicente).
Vicente noutras linguas Variantes noutras linguasAragonésVicent / VicientEDACAR Nº 9 - Antroponimia Aragonesa. Nombres de persona en aragonés. Comisión d'Onomastica de l'Academia de l'Aragonés. ISSN: 1988-8139. Marzo de 2014. CastelánVicenteCatalánVicenç Checo Vincenc Éuscaro Bixente Francés Vincent Húngaro Vince Inglés Vincent Italiano VincenzoSegundo unha estimación do ano 2000 era o oitavo nome masculino italiano máis común LIOn, (Laboratorio Internazione di Onomastica) - Clasificación Onomásticas: nomes masculinos en Italia no século XX . Irlandés Uinseann Lituano Vincentas Polaco Wincenty Portugués Vicente Ruso Викентий Sueco Vincent
Santoral 22 de xaneiro, santoral de San Vicente Mártir. 5 de abril, San Vicente Ferrer (aínda que en Valencia se celebra o luns a seguir ao segundo domingo de Pascua). 27 de setembro, San Vicente de Paúl.
Relixión
Santos Vicente de Zaragoza (†304) - Festividade: 22 de xaneiro. Vicente Ferrer (Valencia 1350 - Vannes 1419) - Festividade: 5 de abril. Vicente de Paúl (Pouy 1581 - 1660) - Festividade: 27 de setembro. Vicente de Iberia, Mártir (Lezuza †253). Vicente Pallotti, (1785-1850), fundador da orde dos palotinos - Festividade: 22 de xaneiro.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Lista de nomes masculinos en galego Lista de nomes masculinos galegos máis comúns Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Vicenzo Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Vicente Ligazóns externas Guía de nomes galegos. Nomes masculinos Real Academia Galega
Categoría:Nomes masculinos de orixe latina Categoría:Nomes masculinos galegos Categoría:Nomes masculinos casteláns Categoría:Nomes masculinos portugueses