O mapacheBUSCatermos mapache, que dá como referencias: *"Zooloxía" en Vocabulario de ciencias naturais. Santiago de Compostela, Xunta, 1991. *Gran dicionario Xerais da lingua galega. Vigo, Xerais, 2009.Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. Tomo 11. Páxina 397. ISBN 84-7680-299-4 (do tomo)Digalego mapache ou osiño lavador (Procyon lotor) é unha especie de mamífero de mediano tamaño nativo de Norteamérica, Centroamérica e Caribe (dende o Canadá a Panamá).

O mapache norteamericano é a maior especie da familia dos prociónidos, cunha lonxitude corporal de 40 a 70 cm e un peso corporal de 3,5 a 9 kg. O seu pelame agrisado consta principalmente dunha densa capa inferior de pelo que o illa do frío. Dúas das características máis distintivas dos mapaches son as súas extremadamente destras patas anteriores e a súa máscara facial, que son temas que aparecen nas mitoloxías dos pobos indíxenas de América. Teñen moita intelixencia, e nos estudos realizados podían lembrar a solución de diversas tarefas durante tres anos. Aliméntase xeralmente pola noite, e a súa dieta omnívora consta dun 40% de invertebrados, 33% de vexetais, e 27% de vertebrados.

O hábitat orixinal do mapache son os bosques de folla caduca e mixtos, pero debido á súa grande adaptabilidade ampliárona a zonas montañosas, marismas e áreas urbanas, onde algúns residentes considéranos unha praga. Como resultado do escape de animais e de introducións deliberadas de mediados do século XX, agora están distribuídos no continente europeo (principalmente Europa central), Caucasia e o Xapón.

Aínda que antes se pensaba que era un animal solitario, agora hai probas de que se implica en comportamentos sociais específicos de xénero. As femias relacionadas a miúdo comparten unha área común, mentres que os machos non relacionados viven xuntos en grupos de ata catro animais para manter as súas posicións ante machos alleos durante as tempadas de apareamento, e ante outros invasores potenciais. O tamaño do seu dominio vital varía desde 3 ha nas femias nas cidades a 5 000 ha nos machos das praderías. Despois dun período de xestación duns 65 días, nacen de dous a cinco crías en primavera. Os fillos son despois criados pola nai ata que se dispersan a finais do outono. Aínda que os mapaches en catividade poden vivir ata os 20 anos, a súa esperanza de vida na natureza é de só 1,8 a 3,1 anos. En moitas áreas, a caza e os atropelos por vehículos son as súas dúas causas de morte máis comúns.

Nome e etimoloxía miniatura|A máscara da face do mapache adoita estar interrompida por unha liña negra amarronada que se estende desde a fronte ao fociño.

Sempre chamou a atención o costume deste animal de coller as cousas coas mans e aparentemente lavalas, o que lle deu moitos dos seus nomes comúns e tamén o científico. Procyon significa en grego 'similar a un can' ou 'anterior a un can', e lotor significa 'lavador' en latín.

A palabra mapache procede da voz da lingua náhuatl mapach, que significa "o que colle todo coas mans", de onde o tomaron os colonizadores españois e está referenciada en galego. En moitas linguas noméase polo seu característico costume de lavar as cousas acompañado do termo oso ou rato, como, por exemplo, orsetto lavatore en italiano, Waschbär en alemán, e araiguma (アライグマ) en xaponés, ou raton laveur en francés e rato-lavadeiro en portugués (entre outros nomes)Dicionário Priberam rato-lavadeiro. Isto correspóndese cun antigo nome científico que tivo, Ursus lotor (oso lavador), aínda que despois pareceu pouco apropiado, xa que non ten unha relación moi directa cos osos (nin cos ratos) e despois foi cambiado. A denominación inglesa "raccoon" tamén ten que ver con manipular, e procede da lingua dos indios powhatan, que lle chamaban aroughcun ou arathkone.Outras ortografías da época colonial da palabra powhatan son: racone, arrathcune, arathcoon, aroucoun e rahaughcun. Parece ser que a palabra é unha derivación dunha raíz da lingua protoalgonquina *ahrah-koon-em, que significa "o que freta, esfrega e rasca coas mans".

Ao mapache tamén se lle chama ás veces na literatura internacional mapache norteamericano ou do norte, para distinguilo dos outros dous mapaches que comparten con el o xénero Procyon, que son o mapache de Cozumel, que só vive na illa mexicana de Cozumel, e o mapache suramericano ou cangrexeiro, que vive en Suramérica.

Taxonomía

Nas primeiras décadas despois do descubrimento deste animal polos membros da expedición de Cristovo Colón, que foi a primeira persoa que deixou rexistro escrito sobre a especie, os taxonomistas pensaron que o mapache estaba relacionado con diferentes especies, como os cans, gatos, teixugos e especialmente cos osos. Carl Linnaeus, o pai da taxonomía moderna, situouno no xénero Ursus, primeiro co nome Ursus cauda elongata ("oso de cola longa") na segunda edición da súa obra Systema Naturae (1740), e despois co nome Ursus Lotor ("oso lavador") na décima edición (1758–59). En 1780, Gottlieb Conrad Christian Storr situou o mapache nun xénero propio, Procyon, que pode traducirse como "antes que o can" ou "similar ao can". Tamén é posible que Storr tivese en conta o seu estilo de vida nocturno e elixise a estrela Procyon como epónimo para a especie.

Evolución

Baseándose no rexistro fósil de Francia e Alemaña, os primeiros membros coñecidos da familia Procyonidae vivían en Europa no Oligoceno tardío hai uns 25 millóns de anos. Fixándose nos seus dentes e estrutura cranial similares, os prociónidos e os mustélidos parecen compartir un antepasado común, pero as análises moleculares indican que hai unha relación próxima entre os prociónidos e os osos. Despois de que as especies que existían daquela cruzaran o estreito de Bering polo menos seis millóns de anos despois, no Mioceno temperán, o centro da súa distribución era xa América Central. Os coatís (Nasua e Nasuella) e os mapaches (Procyon) considéranse que teñen un antepasado común que sería unha especie do xénero Paranasua presente hai entre 5,2 e 6,0 millóns de anos. Esta filoxenia está baseada na comparación morfolóxica dos fósiles, o que non concorda cunha análise xenética de 2006, que indica que os mapaches están máis estreitamente relacionados cos actuais Bassariscus. A diferenza doutros prociónidos, como o mapache suramericano (Procyon cancrivorus), os antepasados do mapache norteamericano deixaron as rexións tropicais e subtropicais e migraron ao norte hai uns 2,5 millóns de anos, nunha migración que foi confirmada polo descubrimento de fósiles nas Grandes Chairas que datan de mediados do Plioceno. O seu antepasado máis recente foi probablemente Procyon rexroadensis, un gran mapache do Blancano procedente da Formación Rexroad caracterizado polos seus estreitos dentes posteriores e gran mandíbula inferior.

Subespecies miniatura|O mapache P. l. incautus en cayo Cudjoe, Florida. A subespecie que habita os cayos de Florida está caracterizado polo seu pequeno tamaño e pelame moi claro.

En 2005, na obra Mammal Species of the World recoñecíanse 22 subespecies de mapache. Catro destas subespecies son endemismos de pequenas illas de América Central e o Caribe que foron a miúdo consideradas especies distintas despois do seu descubrimento. Hai un mapache bahamés e un mapache de Guadalupe, que son moi similares entre si; un mapache das Tres Marías, que é meirande que a media e ten un cranio anguloso; e un mapache de Barbados xa extinguido. Os estudos dos seus trazos morfolóxicos e xenéticos feitos en 1999, 2003 e 2005 fixeron que todas esas supostas "especies" de mapaches de illas fosen consideradas subespecies do mapache norteamericano na terceira edición de Mammal Species of the World's. Unha quinta poboación illeira de mapache, o mapache de Cozumel, que só pesa de 3 a 4 kg e ten dentes notablemente máis pequenos, aínda se considera unha especie separada.

As catro subespecies de mapache máis pequenas, cun peso típico de 1,8 a 2,7 kg, viven ao longo da costa sur de Florida e nas illas adxacentes; un exemplo delas é o mapache da illa Ten Thousand (Procyon lotor marinus). A maioría das outras 15 subespecies só difiren lixeiramente entre elas en cor do pelame, tamaño e outras características físicas. As dúas subespecies máis espalladas son o mapache oriental (Procyon lotor lotor) e o do val do alto Mississippi (Procyon lotor hirtus). Ambos comparten ter un pelame comparativamente escuro e de longos pelos, pero a subespecie hirtus é meirande que a lotor. O mapache oriental viven en todos os estados dos Estados Unidos e provincias canadenses que están ao norte de Carolina do Sur e Tennessee. A área de distribución adxacente do mapache do val do alto Mississippi comprende todos os estados dos Estados Unidos e provincias canadenses ao norte de Louisiana, Texas e Novo México.

A identidade taxonómica dos mapaches introducidos que se fixeron silvestres en Eurasia é descoñecida, xa que as poboacións fundadoras consistían en espécimes non categorizados procedentes de zoos e granxas peleteiras.