Antonio Vázquez Campo, nado en Chantada en 1899 e finado en Burgos o 26 de decembro de 1976, foi un avogado e notario galego. miniatura|225px|Antonio Vázquez Campo con mozas de Chantada, 1920. Traxectoria Fillo de Daniel Vázquez Bóo e irmán de Daniel Vázquez Campo. Colaborou en El Regionalista e publicou poemas en Vida Gallega, onde asinaba como Antonio Vázquez do Campo. Foi notario de Santa María del Campo, Orduña, Monforte del Cid, Reus, Durango, Tomelloso, Vigo (1957),El Pueblo Gallego, 9-1-1957, p. 5. Valladolid e Madrid. Finou en Burgos o 26 de decembro de 1976.Necrolóxica en ABC

Obras Poesía Corazón que no ve, 1927. 1. Proemio en sus dos partes: Yo, Mi castro filosófico, 1954.

Ensaio Ideario notarial. Naturaleza y desenvolvimientos del poder legitimador del Estado, 1928. Hacia la reforma constitucional española, 1929. Manifiesto humanobiológico, 1963. Antología tonovazquista..., 1972. El divino Greco. Puntualizaciones en torno a su vida y obra, 1974.

Vida persoal Casou en Burgos con Margarita Fernández-Ville Dorbe en 1931.El Progreso, 22-9-1931, p. 1..

Notas

Categoría:Notarios Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Nados en Chantada Categoría:Nados en 1899 Categoría:Finados en 1976