Air India é a aeroliña nacional da India. Pertence a Air India Limited, unha empresa estatal, e opera unha frota de avións Airbus e Boeing que serve 90 destinos domésticos e internacionais. A compañía ten o seu centro de conexións no Aeroporto Internacional Indira Gandhi, en Nova Deli, xunto con varias cidades focais ao longo de todo o país. Air India é o maior operador internacional da India, cunha cota de mercado do 18,6%. A compañía serve uns 60 destinos internacionais a catro continentes. Ademais, Air India é a terceira aeroliña doméstica do país en número de pasaxeiros transportados (tras IndiGo e Jet Airways), cunha cota de mercado do 13.5% en xullo de 2017. A aeroliña converteuse en membro da alianza Star Alliance o 11 de xullo de 2014.

A aeroliña fundouna J. R. D. Tata como Tata Airlines en 1932; o propio Tata pilotou o seu primeiro monomotor de Havilland Puss Moth transportando correo dende Karachi a Bombai e posteriormente ata Madras. Tras a segunda guerra mundial converteuse nunha compañía pública limitada e foi renomeada como Air India. O 21 de febreiro de 1960 recibiu o seu primeiro Boeing 707, bautizado como Gauri Shankar, converténdose na primeira aeroliña asiática en ter un reactor na súa frota. En 2000–01 fixéronse intentos por privatizar a compañía, e dende 2006 en diante sufriu perdas tras a súa fusión con Indian Airlines.

Frota Actual

En decembro de 2020 a frota principal de Air India estaba formada polos seguintes avións:

+ Frota de Air India Avión En servizo Pedidos Pasaxeiros Notas F J Y Total RefsAirbus A319-10022——8114122——144144Airbus A320-20010———168168Van ser retirados.—12138150Airbus A320neo27——12150162Substitúen aos A320-200.VT-EXO pintado coa librea Star Alliance.Airbus A321-20020——12170182Boeing 747-4003—1226385423Van ser retirado en 2021 e substituídos por Boeing 777-300ER.1Usado como Air India One3 —83519523813—435303342VT-ALJ pintado coa librea Star Alliance Os máis novos substituirán aos 747-400.2Usados como Air India OneBoeing 787-827——18238256VT-ANU pintado coa librea Star AllianceTotal125—

Notas

Categoría:Aeroliñas da India Categoría:Star Alliance