La Draga foi un semanario editado na Coruña en 1933.

Traxectoria Subtitulado Semanario de crítica política, apareceu en 1933. Fundado por Jenaro Marinhas del Valle e Alfredo Canalejo, estaba dirixido por Canalejo. Realizou campañas a prol do autonomismo, denunciando a apatía dos partidos republicanos de ámbito estatal, promovidas por Jenaro Marinhas del Valle e Álvaro Cebreiro. O último número coñecido é o 7, corresponde ao 21 de outubro de 1933. O director foi detido o 9 de novembro de 1933 como responsable dun artigo titulado "Gustavoff" considerado inxurioso.El Pueblo Gallego, 11-11-1933, p. 8.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia da Coruña

Categoría:Prensa escrita da Coruña Categoría:1933 en Galicia