O prestixio (en ) é un filme británico-estadounidense dirixido por Christopher Nolan que se estreou no 2006. O guión do filme foi adaptado polo irmán de Nolan, Jonathan, a partir da novela de Christopher Priest The Prestige. Conta a historia de Robert Angier e Alfred Borden, dous magos rivais de Londres a finais do século XIX. Obsesionados con crear a mellor ilusión de maxia, compiten entre eles con tráxicos resultados. Está protagonizado por Hugh Jackman como Robert Angier, Christian Bale como Alfred Borden e David Bowie como Nikola Tesla. Tamén aparecen no filme Scarlett Johansson, Michael Caine, Piper Perabo, Andy Serkis e Rebecca Hall. O filme reuniu a Nolan con Bale e Caine dende Batman empeza, colaborando tamén co fotógrafo Wally Pfister, o deseñador de produción Nathan Crowley, o compositor David Julyan e o editor Lee Smith.

O filme foi estreado o 20 de outubro de 2006, recibindo críticas positivas e un bo resultado na recadación, e sendo nomeado ós Premios Oscar nas categorías de mellor fotografía e mellor deseño de produción. Xunto con The Illusionist e Scoop, The Prestige foi un dos tres filmes de 2006 que exploraron o mundo do ilusionismo.

Estreouse en galego na TVG o 31 de agosto de 2013.

Personaxes Hugh Jackman como Robert Angier (The Great Danton) Christian Bale como Alfred Borden (The Professor) Michael Caine como John Cutter Piper Perabo como Julia McCullough Rebecca Hall como Sarah Borden Scarlett Johansson como Olivia Wenscombe David Bowie como Nikola Tesla Andy Serkis como Mr. Alley Ricky Jay como Milton the Magician Roger Rees como Owens W. Morgan Sheppard como Merrit Daniel Davis como xuíz

Notas

Véxase tamén Outros artigos The Prestige Ligazóns externas

Ficha en AllMovie Ficha en BoxOfficeMojo Ficha en RottenTomatoes

Categoría:Filmes de 2006 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes do Reino Unido Categoría:Filmes dirixidos por Christopher Nolan Categoría:Filmes sobre clonación Categoría:Filmes sobre vinganza Categoría:Filmes rodados en California Categoría:Filmes rodados en Colorado Categoría:Filmes rodados nos Ánxeles Categoría:Filmes ambientados en Colorado Categoría:Filmes de Syncopy Inc. Categoría:Filmes de Touchstone Pictures Categoría:Filmes de Warner Bros. Categoría:Filmes de 2006 con versión en galego