La Ciudad de Dios foi un periódico mensual editado na Estrada en 1932. Historia e características Periódico mensual promovido e editado polos sacerdotes Jesús López Salgueiro (cura párroco de Moreira), Constantino Neira Baloira (párroco de Curantes), e Andrés Salgueiro Costa (ecónomo de Vinseiro). Repartido gratuitamente polos párrocos nas igrexas, atacaba o matrimonio civil.El Emigrado, 31-8-1932, p. 4. Os promotores foron denunciados e xulgados na Audiencia Provincial de Pontevedra o 17 de marzo de 1933 por editar o periódico incumprindo a Lei de Imprenta, aínda que foron absoltos.El Pueblo Gallego, 18-3-1933, p. 11.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia de Pontevedra
Categoría:Prensa escrita da Estrada Categoría:1932 en Galicia