O aeroporto de Manchester (IATA: MAN, ICAO: EGCC) é un aeroporto internacional inglés en Ringway, situado a 13,9 km ao sueste do centro da cidade de Manchester. No ano 2016 foi o terceiro aeroporto máis concorrido do Reino Unido en número de pasaxeiros. As súas instalacións están formadas por tres terminais de pasaxeiros e unha de carga e é o único aeroporto británico xunto con Heathrow con dúas pistas de máis de 3 000 metros. O aeroporto de Manchester cobre unha área de 560 hectáreas e ten voos a 199 destinos, sendo o 13º a nivel mundial por destinos servidos.
Inaugurouse oficialmente o 25 de xuño de 1938 e foi inicialmente coñecido como aeroporto de Ringway. Na segunda guerra mundial coñeceuse como RAF Ringway e foi usado como base da Royal Air Force. Polas súas instalacións pasaron 25 637 054 pasaxeiros en 2016, e ten capacidade para 50 000 000 anuais. Esa cifra potencial está limitada polas restricións que só lle permiten 61 movementos de avións por hora. Desenvolvementos futuros inclúen a construción da Manchester Airport City, un espazo loxístico, de fábricas, oficinas e áreas de lecer ao lado do aeroporto, ademais de melloras no transporte.
Aeroliñas e destinos Pasaxeiros
Carga
Notas
Manchester