José Rubira Proupín, nado en 1880 e finado en Cuntis o 2 de xaneiro de 1975, foi un farmacéutico e político galego.

Traxectoria Farmacéutico en Cuntis. Foi presidente do Sindicato Agrícola Católico de Cuntis. Foi nomeado alcalde de Cuntis coa ditadura de Primo de Rivera. Recibiu unha homenaxe en xullo de 1925.La Voz de Galicia, 12-7-1925, p. 5. Volveu ser alcalde de Cuntis en 1949, tomando posesión o 6 de febreiro.El Pueblo Gallego, 13-2-1949, p. 2. Despois foi Prohombre da Hermandad de Labradores y Ganaderos.Sábado, 16-12-1950, p. 4. Finou en Cuntis o 2 de xaneiro de 1975.Necrolóxica en La Voz de Galicia, 3-1-1975, p. 15.

Vida persoal

Casou con Alejandra Campos Piñeíro e foi pai de María, Victoria, Amalia,Enrique, José e Luis Rubira Campos. Notas

Categoría:Farmacéuticos de Galicia Categoría:Alcaldes de Cuntis Categoría:Alcaldes de Galicia durante a Restauración Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición

Categoría:Nados en 1880

Categoría:Finados en 1975