Natalia Marisa Oreiro Iglesias, nada en Montevideo o 19 de maio de 1977, é unha actriz e cantante uruguaia, nacionalizada arxentina, de ascendencia galega.

Despois de realizar aparicións en anuncios publicitarios durante o seu preadolescencia, Oreiro mudouse a Arxentina en 1994 para continuar coa súa carreira. Os seus traballos máis salientables inclúen as telenovelas 90 60 90 Modelos (1996-1997), Ricos y famosos (1997), Muñeca brava (1998-99), Kachorra (2002), Sos mi vida (2006-07) e Solamente vos (2013-14). Polo éxito internacional cultivado con elas, comezou a ser considerada «A Raíña das telenovelas», dando paso á denominada Oreiromanía.

Outras ocupacións de Oreiro inclúen ser deseñadora, empresaria, modelo e presentadora. É propietaria, xunto á súa irmá, da marca de roupa Las Oreiro.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Nados en Montevideo Categoría:Nados na diáspora galega Categoría:Nados en 1977 Categoría:Modelos femininas da Arxentina Categoría:Cantantes da Arxentina Categoría:Cantantes do Uruguai Categoría:Empresarios da Arxentina Categoría:Uruguaios de ascendencia galega