Pamela Palenciano, nada en Andújar (provincia de Xaén) en 1982 é unha monologuista, comunicadora e activista feminista española, recoñecida internacionalmente polo seu monólogo teatral No solo duelen los golpes ("Non só doen os golpes"), un relato autobiográfico sobre a violencia de xénero a través do humor e a ironía.
Traxectoria Desde os 12 aos 18 anos mantivo unha relación sentimental cun mozo. Durante esta época o seu noivo maltratábaa e exercía violencia sobre ela de maneiras moi diversas, chegando mesmo ao intento de homicidio.“Las leyes de violencia de género me parecen un chiste del sistema patriarcal”. Pikara Magazine. 25 de novembro de 2015.“Un maltratador se está cociendo desde que tiene tres años”. Público. 24 de novembro de 2016.
Conseguiu terminar a súa relación cando se mudou para comezar os seus estudos de Comunicación Audiovisual na Universidade de Málaga. Foi durante este período cando comprendeu que fora maltratada. Comezou entón unha terapia psicolóxica e o contacto con movementos feministas, entendendo que o seu caso non era exclusivamente persoal, senón que formaba parte dunha problemática global por vivir nunha sociedade patriarcal e machista.
Tras licenciarse, pasou 8 anos vivindo no Salvador para finalmente establecerse de novo en España.El monólogo de humor que busca concienciar contra los malos tratos. El País. 25 de xaneiro de 2016.
No solo duelen los golpes A súa obra inspírase nunha das frases que lle dixo a súa psicóloga en terapia: non só doen os golpes. Comezou primeiro sendo unha exposición fotográfica na que envorcou o que sentiu e viviu, para transformarse máis tarde nun taller de prevención de violencia vinculado a esas fotos.
Mentres vivía no Salvador, descubriu o teatro e reformulou o proxecto para convertelo nun monólogo dirixido tanto a institutos de ensino secundario como para o público en xeral.
Na obra aborda desde a súa propia experiencia o mito do amor romántico, os celos, o control e a posesión, a violencia psicolóxica, sexual e física, ou a propia agresividade como consecuencia de vivir cun maltratador, así como a recuperación e o establecemento doutro modelo de amor.Machismo teen. Página/12. 3 de xullo de 2009.De maltratada a monologuista para enseñar a los adolescentes que "no solo duelen los golpes". 20 minutos. 25 de novembro de 2013.
Escenificou No solo duelen los golpes en varios países de Latinoamérica e en numerosas cidades españolas. Ademais recibiu varios premios pola súa achega á prevención da violencia machista nas aulas.Concedido a Pamela Palenciano el premio 8 de Marzo por su monólogo ‘No solo duelen los golpes’. 17 de febreiro de 2017.Los premios de la escena alternativa. Cadena Ser. 3 de marzo de 2017.
Libros Si es amor, no duele (2017).
Notas
Categoría:Humoristas de Andalucía Categoría:Nados en 1982 Categoría:Nados en Andújar Categoría:Feministas de España