A lingua iupik de Alasca central (tamén chamada yup'ik) é unha é esquimó-aleutiana da familia iupik que se fala no oeste e suroeste de Alasca. É a meirande lingua das linguas nativas de Alasca. No ano 2010, era a segunda lingua aborixe en número de falantes nos Estados Unidos. O yup'ik non debe confundirse coa lingua relacionada lingua iupik de Siberia falada en Chukotka e na Illa St. Lawrence. O iupik de Alasca central está clasificado como "vulnerable" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Lingua de sinais inuit
Bibliografía
Categoría:Linguas esquimó-aleutianas Categoría:Linguas dos Estados Unidos de América Categoría:Linguas aglutinantes