O prezo do poder (en ) é un filme policial estadounidense de 1983 dirixido por Brian De Palma con guión de Oliver Stone, un remake do filme do filme Scarface de 1932. A película conta a historia do refuxiado cubano Tony Montana (Al Pacino), que chega en 1980 a Miami sen nada, e sobe ata converterse nun poderoso patrón da droga. No elenco tamén participaron Mary Elizabeth Mastrantonio, Steven Bauer e Michelle Pfeiffer. A estrea foi o 1 de decembro de 1983 en Nova York e o 9 de decembro de 1983 lanzouse comercialmente nos Estados Unidos.
Argumento miniatura|Graffiti coa imaxe Al Pacino caracterizado como Tony Montana En 1980 o refuxiado cubano e ex-convicto Antonio "Tony" Montana chega a Miami, como parte do éxodo do Mariela. Vai parar a un campo de refuxiados cos seus mellores amigos, Manny Ribera, Ángel e Chi-Chi. Conseguen saír e a promesa de lograr o permiso de residencia por asasinar un ex-alto cargo do goberno cubano a petición dun dos maiores traficantes de drogas, Frank López. Traballan como lavapratos nun posto de comidas, a contragusto de Tony que afirma que el está para cousas máis grandes.
Omar Suárez, a man dereita de Frank, encárgalles un traballo, mercar cocaína dos traficantes colombianos, pero o negocio vai mal. Os colombianos desmembran a Angel cunha motoserra, mentres Manny e Chi-Chi rescatan a Tony e matan os traficantes. Sospeitando que Omar está involucrado, Tony e Manny insisten en entregar persoalmente as drogas e os cartos a Frank. Durante areunión, Tony séntese atraído pola muller de Frank, Elvira Hancock.
Elenco miniatura|Michelle Pfeiffer era unha actriz descoñecida cando rodou Scarface, e tanto Al Pacino como o director Brian De Palma, inicialmente, estaban en contra da súa escolla como protagonista. Al Pacino - Tony Montana Steven Bauer - Manny Rivera Michelle Pfeiffer - Elvira Hancock Mary Elizabeth Mastrantonio - Gina Montana Robert Loggia - Frank Lopez F. Murray Abraham - Omar Suárez Harris Yulin - Mel Bernstein Paul Shenar - Alejandro Sosa Ángel Salazar - Chi Chi Pepe Serna - Angel Fernandez Miriam Colón - Georgina Montana Al Israel - Héctor o Sapo Michael Alldredge - George Sheffield Mark Margolis - Alberto a Sombra Geno Silva - The Skull
Produción
Desenvolvemento miniatura|Oliver Stone (1987) escribiu o guión para Scarface mentres loitaba contra a súa adicción á cocaína. Scarface comezou a desenvolverse despois de Al Pacino ver o filme Scarface (1932) nos Ánxeles. Chamou ao seu produtor Martin Bregman, e informoulle que cría que un remake da película podería ter éxito. Pacino orixinalmente quería manter o período histórico da trama, pero entendía que por mor da súa natureza melodramática sería difícil de realizar. Sidney Lumet foi ao primeiro que contactaron coa idea de dirixir o filme, desenvolvendo a idea de Montana, un cubano acabado de chegar aos Estados Unidos no éxodo do Mariela.
As diferenzas creativas entre Bregman e mais Lumet fixeron que este último deixase o proxecto. Lumet quería facer un historia máis política, centrada en culpar de favorecer o fluxo de cocaína á administración presidencial da época, e Bregman discordabaPriggé, Steven (2004). Movie Moguls Speak: Interviews with Top Film Producers Jefferson, N.C.: McFarland & Company, p. 121. Bregman substituíuno por Brian De Palma e contratou o escritor Oliver Stone para escribir o guión, este concebiuno mentres loitaba contra a súa propia adicción á cocaína. Stone e Bregman realizaron a súa propia investigación, viaxando a Miami, onde tiveron acceso aos rexistros da oficina do fiscal e unidade contra o crime da policía. Stone trasladouse a París para escribir o guión, na crenza que non podería desngancharse mentres estivese no país, logrando deixar a droga .
O elenco Pacino insistiu en facer o papel principal, o de Tony Montana, aínda que tamén llo ofreceran a Robert De Niro pero non aceptou . Pacino traballou con expertos en loita con coitelo, adestradores físicos e co boxeador Roberto Durán para lograr o tipo de corpo que quería para o papel. Durán tamén axudou na inspiración do personaxe, que tiña "un certo león dentro", segundo Pacino. O personaxe de Sophie que realizou Meryl Streep en Sophie's Choice (1982) tamén influenciou o personaxe. Bauer e un experto en dialectoloxía axudárono na aprendizaxe do español cubano e da súa pronunciaLawrence Grobel (2008) Al Pacino Lawrence Grobel. Simon and Schuster, p. 87.
Pfeiffer era unha actriz descoñecida daquela e tanto Pacino como De Palma argumentaron contra da súa elección pero Bregman defendeuna. Glenn Close era a opción orixinal para o papel, aínda que tamén se consideraron outras alternativas como Geena Davis, Carrie Fisher, Kelly McGillis, Sharon Stone e Sigourney Weaver.
Bauer logrou o seu papel sen audición. Durante o proceso de selección o director de repartición Alixe Gordin viu a Bauer e inmediatamente se deu de conta que era o indicado para o papel de Manny, un xuízo co que concordaron De Palma e Bregman. Foi o único cubano real entre os actores principais. Mais así a todo tamén se considerou a John Travolta para o papel.
Rodaxe miniatura|Mansión El Fureidis en Montecito, preto de Santa Bárbara Mentres ensaiaba para un tiroteo Al Pacino mancouse e estivo fóra da rodaxe durante dúas semanas. A escena do tiroteo inclúe un plano rodado por Steven Spielberg, de visita durante a rodaxe. Mentres se realizaba o filme algúns cubano-estadounidenses obxectaron que a súa comunidade aparecía retratada como criminais e interpretados por actores non cubano-americanos. Para contrarrestar esta situación, a película presenta unha declaración nos créditos afirmando que os personaxes da película non representaban á comunidade cubano-estadounidense.
Non obstante o filme estar ambientado en Miami, a rodaxe realizouse na súa maior parte nos Ánxeles, ao negar a Miami Tourist Board os permisos para rodar na cidade por pensar que podería afectar o turismo por canto se retrataba a cidade como un paraíso das drogas e das bandas. A gran mansión de Tony gravouse en El Fureidis, de estilo romano situada en Montecito (California).
A rodaxe durou 24 semanas, do 22 de novembro de 1982 ao 6 de maio de 1983.Daily Variety Magazine; 26 de novembro de 1982, p. 8Daily Variety Magazine, 12 de maio de 1983, p. 10 Ken Pepiot e Stan Parks realizaron os efectos especiais.
Cualificación Scarface recibiu"Movie 'Scarface' Receives X Rating", New York Times, 30 de outubro de 1983 a cualificación X en Norteamérica tres veces por extrema violencia, linguaxe ofensiva (emprégase ao longo do filme fuck (carallo) 207 veces) e uso de drogas duras. Esa cualificación, asociada coa pornografía limitaba o número de cinemas onde se exhibiría, e restrinxía a publicidade promocional, o que potencialmente podía prexudicar a recadación. A causa da cualificación era unha das escenas iniciais, onde se desmembraba a Angel. De Palma editou a escena e volveulle enviar a película á Motion Picture Association of America (MPAA) mais outra volta recibiu o X. Recurtou máis esa escena sen éxito. Universal optou por apelar a decisión da MPAA e finalmente a cualificación mudouse á menos restritiva cualificación R Ken Tucker (2008) Scarface Nation: The Ultimate Gangster Movie and How It Changed America St. Martin's Press.
Recepción Ao primeiro o filme tivo críticas negativas, e houbo controversias sobre a violencia e a linguaxe sexualmente explícita do filme. The New York Magazine definiuna como unha película de serie B baleira, fachendosa e excesiva. Houbo na época críticas positivas como a de Roger Ebert que lle deu catro estrelas de catro e máis tarde engadiuna á súa lista de grandes películas. A crítica contemporánea é radicalmente diferente na súa interpretación, así Rotten Tomatoes dálle un 83% baseado en 65 críticas e en Metacritic logra unha puntuación de 65/100.
Recadación A estrea comercial do filme en Norteamérica foi o 9 de decembro de 1983, na súa primeira fin de semena de exhibición logrou 4.500.000 de dólares en 996 cines, unha media de 4616 dólares por cine, o segundo filme desa fin de semana por tras de Sudden Impact (9.600.000). Recadou 45.400.000 en Norteamérica e 20.400.000 noutros mercados, converténdose no 16º filme dese ano por recadación e o sétimo da cualificación R.
Notas
Categoría:Filmes de 1983 Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes sobre drogas Categoría:Filmes sobre familias disfuncionais Categoría:Filmes dirixidos por Brian De Palma Categoría:Filmes ambientados en Bolivia Categoría:Filmes ambientados en Florida Categoría:Filmes rodados nos Ánxeles Categoría:Filmes rodados en Nova York Categoría:Filmes ambientados en 1980 Categoría:Filmes ambientados en 1983 Categoría:Filmes ambientados en Nova York Categoría:Filmes ambientados en Miami Categoría:Filmes de Universal Pictures Categoría:Filmes de 1983 con versión en galego