Soiuz 21 foi unha misión espacial tripulada soviética lanzada o 6 de xullo de 1976 mediante un foguete Soiuz 11A511 desde o cosmódromo de Baikonur.

Características Soiuz 21, cos cosmonautas Boris Volinov e Vitali Zholobov a bordo, foi lanzada para acoplarse á estación espacial militar Saliut 5. Os cosmonautas tiveron que facer o acoplamento a man ao fallar o sistema automático Igla. Tras case dous meses a bordo os dous tripulantes solicitaron o regreso a terra debido á mala condición física e psicolóxica do enxeñeiro Zholobov, que sufriu mareo espacial de maneira continua durante todo o voo. Máis tarde determinouse que ámbolos dous cosmonautas sufriran problemas psicolóxicos en órbita, non seguiran a súa rutina de exercicios físicos para manterse en forma e desenvolveron desexos irracionais de regresar a terra. Especulouse coa posibilidad de que o aire da estación fora contaminado con algunha substancia tóxica.

A Soiuz 21 volveu a terra despois de case 50 días en órbita, aterrando a 200 km ao suroeste de Kokchetav o 25 de agosto de 1976 ás 18:33 GMT.

Véxase tamén

Outros artigos Soiuz 11A511 Soiuz 23 Soiuz 24 Saliut 5

Notas

Categoría:Programa Soiuz